División de Honra da LNFS 2003-04

A tempada 2003-04 da División de Honra da LNFS foi a 15ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 13 de setembro de 2003 e rematou o 19 de xuño de 2004 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o sexto título de liga na historia desta competición a prol do Boomerang Interviú.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. A eliminatoria de cuartos de final foi ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final foron ó mellor de 5 encontros.

Tempada regular

editar

Eliminatorias polo título

editar
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  1 Boomerang Interviú  2
  8 Marfil Santa Coloma  0  
  1 Boomerang Interviú  3
    5 Pol. World Cartagena  1  
  4 Miró Martorell  1
  5 Pol. World Cartagena  2  
  1 Boomerang Interviú  3
    2 ElPozo Murcia Tur.  2
  2 ElPozo Murcia Tur.  2
  7 Azkar Lugo FS    1  
  2 ElPozo Murcia Tur.  3
    3 Playas de Castellón  1  
  3 Playas de Castellón  2
  6 DKV Seguros Zaragoza  0  


O Boomerang Interviú proclamouse campión desta edición 2003-04 da División de Honra da LNFS.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar