Carnicer Torrejón Fútbol Sala
O Carnicer Torrejón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da localidade de Torrejón de Ardoz (Comunidade de Madrid). Actualmente o club compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala. Trala desaparición do Marsanz Torrejón converteuse no principal equipo da localidade madrileña.
Torrejón Fútbol Sala | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Carnicer Torrejón Fútbol Sala | ||
Fundación | 1984 | ||
Estadio | Municipal Jorge Garbajosa Torrejón de Ardoz, España ![]() | ||
Capacidade | 4.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | División de Honra (LNFS) | ||
2009-10 | 8º | ||
Vestimenta | Hummel | ||
Patrocinador | Teka | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
HistoriaEditar
O club foi fundado en 1984 por José Carnicer, dono dos concesionarios Fiat Automóviles Carnicer. Aínda que comezou dende a terceira rexional madrileña, ascendeu de categoría cada dous anos. En cinco anos pasou da cuarta categoría estatal á División de Honra, liga na que debutou na tempada 1997-98.
Durante os seus primeiros anos na máxima categoría, o equipo tratou de asegurar a permanencia, e pouco despois conseguiu meterse na loita polo título a partir dun equipo formado por xogadores da canteira e descartes doutros equipos. A súa primeira participación nos playoffs polo título foi na tempada 1999-00.
Dende a súa creación ata o 2010, José Carnicer exerceu como presidente e adestrador do club. No 2010 abandonou o banquiño en favor de José Antonio Valle, e continuou dirixindo o Carnicer Torrejón.[1] Porén, trala dimisión de Valle en Decembro, volveu sentarse á fronte de banquiño.
Cadro 2010-11Editar
|
|
PalmarésEditar
- 1 Campionato da División de Prata: 1996-97