Dinis Machado

Dinis Ramos Machado, nado en Lisboa o 21 de marzo de 1930 e finado na mesma cidade o 3 de outubro de 2008, foi un xornalista e escritor portugués, que tamén usou o pseudónimo Dennis McShade.

Dinis Machado
Nacemento21 de marzo de 1930
 Lisboa
Falecemento3 de outubro de 2008
 Lisboa
Causacancro de pulmón
NacionalidadePortugal
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Viviu no Barrio Alto, na Rúa do Norte, até 1963, cando casou aos 34 anos, con Marília Ferreira Alves, enxeñeira química, de que tivo unha filla, Rita. Comezou por frecuentar o Curso Xeral do Comercio, que non concluíu. Foi funcionario da Federação das Caixas de Previdência,[1] onde foi compañeiro e amigo de Eugénio de Andrade, que o influenciou nas súas lecturas. Fillo dun árbitro de fútbol, coñecido por Oliveira Penalty, foi, durante dúas décadas, xornalista deportivo nos xornais Record, Norte Desportivo, Diário Ilustrado e Diário de Lisboa.[2] Desenvolveu posteriormente as actividades de tradutor, autor de guións para cinema e series televisivas, estando aínda ligado profesionalmente á actividade editorial. Durante 11 anos, até 1979, foi xefe de redacción da edición portuguesa da revista de banda deseñada Tintin. En 1971-72, foi editor e xefe de redacción da 1ª serie da versión portuguesa do semanario Spirou. Despois de enviuvar, a partir de 1985 viviu coa cantante lírica e bibliotecária Dulce Cabrita (1928-2010).[3] Fumador inveterado, morreu en 2008, vítima de cancro do pulmón.[4]

ObraEditar

Durante moito tempo, Dinis Machado refuxiouse á sombra dun pseudónimo americano, Dennis McShade,[5] inventado para facer saír na colección Rififi, que dirixía a convite de Roussado Pito, unha triloxía de novelas policiais cun heroe borgesiano, un asasino profesional, con preocupacións filosóficas, dado aos monólogos e ás citas literarias e que actúa sempre só, co nome de Peter Maynard, referencia a Pierre Ménard, a personaxe de Borges que tentaba reproducir o Don Quixote. Man dereita do Diaño, Requiem para D. Quixote e Muller e arma con guitarra española foron escritos no período dun ano, cando o autor precisaba de xuntar cartos por ocasión do nacemento da filla.

A reedición das súas novelas policiais pola editora Assírio & Alvim, entre 2008 e 2009, inclúe un inédito, Blackpot, publicado en novembro de 2009.

Requiem para D. Quixote serviu tamén de inspiración para o filme de 2009 Contrato, o primeiro en ser dirixido por Nicolau Breyner.[6]

O que diz MoleroEditar

O seu maior éxito literario, tanto tanto da crítica como do público, foi O que diz Molero,[7] publicado en 1977. O que diz Molero marcou o reinicio dun proceso crítico sobre a necesidade de nos interrogarmos acerca da identidade portuguesa, ben como os camiños posíbeis para a convivencia dunha pluralidade de formas artísticas. A linguaxe coloquial, humorística e inventiva, á que non é allea unha oralidade popular, tenta cristalizar figuras, lugares e imaxes dun cotián que parece perdido.[8] Sobre esta novela de Dinis Machado, afirmou Eduardo Lourenço tratarse «dun libro-chave do noso tempo». António Mega Ferreira considerouno o «máis importante texto de ficción que se publicou en Portugal os últimos anos [...] páxinas miraculosamente repletas de sinais da máis bela, intelixente e emocionada escrita producida por un escritor portugués na década de 70.» E Luiz Pacheco fala de «unha cabalgada furiosa de episodios,unha feira, un tropel de xente, unha festa popular de malucos e malucas, todo chalado, unha alegría enorme case insensata, o sentimento nos momentos doloridos mais todo tan próximo a nós e tan naturalmente reproducido na escrita.»[9]

O que diz Molero conta a historia dun rapaz, nunca referido polo nome propio, que, despois de sobrevivir a todas as aventuras e desventuras dunha infancia e adolescencia normais a un neno que vive inserido nunha comunidade pobre, enceta unha viaxe para procurar comprender quen é e cal o significado da vida. Molero é encargado por Austin e Mister Deluxe, os seus superiores, de se pór na pel de detective e procurar trazar o itinerario do rapaz. Os informes de Molero van sendo lidos polos superiores e é a través deles que o lector vai sabendo o que aconteceu ao heroe, os varios países por onde foi pasando, os libros que foi lendo, as mulleres que foi amando e os amigos que foi facendo e reencontrando. Pedazos fragmentados dunha vida que nos dan as pistas necesarias para trazar o perfil de alguén que procura un sentido para a existencia.[7]

A novela foi traducido a seis idiomas: alemán, búlgaro, castelán, romanés, francés e checo.

O que diz Molero tivo a súa consagración teatral, nunha adaptación feita por Nuno Artur Silva, José Pedro Gomes e António Feo, subindo por primeira vez ao escenario a 27 de outubro de 1994, na Sala Estudo Amélia Rey Colaço - Robles Monteiro do Teatro Nacional D. Maria II. Unha produción que coñeceu excelentes críticas e obtivo, o ano de estrea, algúns premios da Asociación Portuguesa de Críticos de Teatro.[10]

Cinema e TelevisiónEditar

Foi desde novo un frecuentador das salas de cinema, en especial do Cinema Loreto, organizou no principio da década de 1960 os primeiros ciclos de cinema da Casa da Imprensa e publicou críticas na revista Filme.[11] Autor de varios argumentos e diálogos para filmes fixo tamén crítica de cinema no “Diário Ilustrado”, de 1958 a 1963, e na revista “Filme”, de 1959 a 1965. Organizando diversos Festivais de Cinema da Casa da Imprensa de Lisboa, entre 1964 e 1966, Dinis Machado colaborou na fase inicial de Kilas, de José Fonseca e Costa, sendo co-autor do argumento e autor dos diálogos de Maria Vai Com as Outras, un proxecto de Fernando Lopes inspirado en O que diz Molero.[12]

Escribiu para a RTP Zé Gato,[13] serie policial dirixida por Rogério Ceitil e, en 1979, colaborou na serie Retalhos da vida dun médico. Volveu máis tarde a facer crítica de cinema en xornais e revistas, tales como Opção, Sete ou Isto é Cinema.

PublicaciónsEditar

Como Dennis McShadeEditar

  • Mão direita do Diabo (1967). Amadora: Ibis Editora; Lisboa: Assírio & Alvim (2008).
  • Requiem para D. Quixote (1967). Amadora: Ibis Editora; Lisboa: Círculo de Leitores (1987); Lisboa: Assírio & Alvim (2008).
  • Mulher e arma com guitarra espanhola (1968). Amadora: Ibis Editora; Lisboa: Círculo de Leitores, (1987); Lisboa: Assírio & Alvim (2009).
  • Blackpot (2009). Lisboa: Assírio & Alvim. Póstumo.

Como Dinis MachadoEditar

  • O que diz Molero (1977). Lisboa: Bertrand; Edição Comemorativa do 30º. Aniversário da Obra; il. de António Jorge Gonçalves, 31ªed. Lisboa: Bertrand, (2007); 11x17 (2012).
  • Discurso de Alfredo Marceneiro a Gabriel Garcia Marquez (1984). Lisboa: Bertrand.
  • Reduto quase final (1989). Amadora: Bertrand; Quetzal Editores (2009).
  • Gráfico de vendas com orquídea: e outras formas de arrumação de conhecimentos: 20 textos (de 1977 a 1993) (1999). Lisboa: Livros Cotovia; Quetzal Editores (2012).
  • A Liberdade do Drible. Crónicas de Futebol (2015). Quetzal Editores.
  • O Lugar das Fitas. Crónicas de cinema (2016). Quetzal Editores.

TraduciónsEditar

  • Castelhano - Lo que dice Molero Trad.: Ángel Crespo. Madrid: Alfaguara, (1981)
  • Francês - Ce que dit Molero Trad.: Ingrid Pelletier, Carlos Baptista. Paris: Passage du Nord-Ouest (2002)
  • Romanés - Ce spune Molero Trad.: Micaela Ghitescu. Bucaresti: Humanitas (2006)
  • Checo - Co tvrdí Molero, Trad.: Vlastimil Váně. Dauphin, Praha (2011)

NotasEditar

  1. Infopédia. "Dinis Machado - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  2. "Dinis Machado - Quetzal Editores". Porto Editora. Consultado o 2020-05-27. 
  3. "O que diz Dulce". Jornal Expresso (en portugués). Consultado o 2020-05-26. 
  4. "Morreu o escritor Dinis Machado". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 
  5. "Dennis McShade / Dinis Machado". anabelamotaribeiro.pt. Consultado o 2020-05-27. 
  6. "Contrato (filme)" (en portugués). 2020-01-18. 
  7. 7,0 7,1 "O Que Diz Molero" (en portugués). 2020-02-10. 
  8. SEIXO, Maria Alzira e MOURÃO-FERREIRA, David - Portugal, A Terra e o Homem, Antologia de Textos de Escritores do Século XX, II série, FCG, Lisboa, 1980
  9. Dicionário Cronológico de Autores Portugueses, Vol. V, Lisboa, 1998
  10. Portugal, Rádio e Televisão de. "O QUE DIZ MOLERO - Artes e Cultura - Teatro - RTP". www.rtp.pt. Consultado o 2020-05-27. 
  11. "Dinis Machado. Wook". www.wook.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-05-27. 
  12. "Dinis Machado - maria vai com as outras". www.carloscorreia.net. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2020-05-27. 
  13. "Zé Gato" (en portugués). Consultado o 2020-05-27. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Biblos. Enciclopédia Verbo das Literaturas de Língua portuguesa (1999). Vol.3, Lisboa, Verbo.
  • Dicionário de Literatura Portuguesa, Brasileira, Galega, Africana, Estilística Literária (2002). Coord. Ernesto Rodrigues, Pires Laranjeira, Viale Moutinho, 1º vol., Porto, Figueirinhas. Versión Actualizada.