Dina Cuvata
Dina Cuvata (oficialmente Dimo N. Dimchev, Димо Н. Димчев), nado en Dubrushana o 9 de xullo de 1952, é un escritor, tradutor e publicista arromanés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1952 (72 anos) Macedonia do Norte |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Macedonia do Norte |
Educación | Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Traxectoria
editarNaceu nunha pequena aldea arromanesa do concello de Štip, en Macedonia do Norte. Estudou en Treili Shopati, Štip e fixo económicas na Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje. Traballou nunha fábrica de Skoje e presentou en 1995 os primeiros programas en arromanés en Radio Macedonia. Membro dende 1992 da Asociación de Escritores de Macedonia. Fundador e presidente da "Unia ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii"[1].
Actividade literaria
editarComezou publicando poesía e relatos en arromanés en diversas publicacións de Macedonia, Romanía ou Albania. Colletou e publicou obras do folclore arromanés, realizou escolmas de literatura arromanesa. Traduciu a Homero, Virxilio, Ferdowsi ou O Cantar de Roldán.
Obras
editar- Carabeu, lai, Carabeu, Bucarest, 1985 (antoloxía de poesía arromanesa)
- Voi, Armanj-Machidunits, 1989 (antoloxía de folclore arromanés)
- Zghic di Moarti - Editura Cartea Aromãnã, 1989.
- Sãrmãnitsa (prosa curta) – Editura Cartea Aromãnã, 1990.
- Dimãndarea pãrinteascã, con Constantin Belemace , Editura Cartea Aromãnã, 1990.
- Sãmta umuti: puizii, Editura Orient-Occident, 1993.
- Abetsedar Armãnescu, con Mitra Garofil, e Dionisii Papatsafa, Sammarina, 1994.
- Cãntarea-a Cãntãrlor, Editura Orient-Occident, 1996.
- Scumpã-i dada, Shtip, 1996.
- Armãnã, con Petru Vulcan, Editura Cartea Aromãnã, 1996.
- Iazmatar: armãnipseari, Kiro Dandarot, 2000.
- Picurarlu Di La Pind : Antologhiea-a Puiziiljei Armãneascã, Sec. XIX Shi XX, Unia ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii, 2001.
- Divina Comedii, Dante, 2001.
- Scriitori armãneshtsa = Aromanski pisateli = Wlachs writers, Scopia: Unia ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii, 2001.
- Bibliea: Sãmta Scripturã, Uniea ti cultura-a Armãnjlor dit Machidunii, 2004.
- Bat cãmbànjli, 2009 (poesía)
Notas
editar- ↑ Vulcan Petru, "Transpuniri: Dina Cuvată, editura Cartea Aromână", Armăna, 1996, pp. XIV-XVI.