Dimitri Yachvili
Dimitri Yachvili, nado o 19 de setembro de 1980 en Brive-la-Gaillarde, é un xogador francés de rugby. A súa posición no campo é medio de melé, xogaba en 2010 no Biarritz Olympique da liga francesa, e habitualmente tamén é titular na selección de rugby de Francia.
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1980 (44 anos) Brive-la-Gaillarde, Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de rugby | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1999 - 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua francesa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | rugby a 15 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Scrum-half (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Michel Yachvili (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Grégoire Yachvili (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarO seu apelido é de orixe xeorxiano, dado que o seu avó foi unha vítima do nazismo que ó ser liberado loitou en Francia fronte ós alemáns, e despois quedou alí a vivir. Mais adiante, no seu tempo o pai de Dimitri tamén foi xogador de rugby e formou parte do XV do Galo. A pesar diso, Grégoire Yachvili, irmán mais vello de Dimitri, nado tamén en Brive-la-Gaillarde, xoga ó rugby representando á selección de rugby de Xeorxia.
O xogador comezou a súa carreira no club da súa cidade, o Club Athlétique Brive-Corrèze. En 1999 marchou a un club universitario de París, e xa no 2001 firmou o seu primeiro contrato profesional co Gloucester Rugby, onde votou un ano antes de firmar definitivamente co Biarritz Olympique no 2002. Dende entón é un xogador franquía neste club bascofrancés. Dimitri Yachvili é un bo lanzador a paus, e decote é o encargado de patear os penalties e as conversións no seu equipo.
O seu primeiro partido coa selección francesa foi no ano 2002. Dende ese ano ten xogado 7 veces o Torneo das Seis Nacións, gañándoo 4 veces, nos anos 2004, 2006, 2007 e 2010, ademais do mundial do ano 2003 no que Francia acabou cuarta.
Co equipo de Biarritz Olympique gañou dúas veces a liga francesa nos anos 2005 e 2006, e chegou outras dúas veces á final da copa de Europa nos anos 2006 e 2010, coa mala sorte de perder as dúas, fronte a Munster Rugby e Stade Toulousain.
Equipos
editar- (.......) - (1999) Club Athlétique Brive-Corrèze
- (1999) - (2001) PUC
- (2001) - (2002) Gloucester Rugby
- (2002) - (.......) Biarritz Olympique
Títulos
editar- Torneo das Seis Nacións = 2004, 2006, 2007, 2010
- Liga Francesa de Rugby = 2005, 2006