A Didaqué, ou Doutrina ou Instrución dos doce apóstolos é un catecismo cristián escrito entre 60 e 90 d.C. (talvez até antes da destrución do Templo de Xerusalén), probabelmente na Palestina ou na Siria.

Este opúsculo foi achado en 1875, transcrito nun códice do século XI en lingua grega. É considerado un texto apócrifo. Ao que parece, é froito da reunión de diversas fontes orais e escritas que retratan a tradición das primeiras comunidades cristiás. Os temas dos seus dezaseis capítulos son asuntos relevantes para os primeiros cristiáns. Os primeiros seis teñen unha procedencia xudaica clara e dan instrucións morais; os capítulos 7 a 10 están dedicados á liturxia; os capítulos 11 a 15 tratan problemas organizativos e disciplinarios e o último ten un carácter escatolóxico-apocalíptico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Texto da Didaqué