Dichen Lachman
Dichen Lachman (en tibetano: བདེ་ཆེན།), nada en Katmandú o 22 de febreiro de 1982,[1] é unha actriz australiana, de ascendencia alemá e tibetana. Apareceu na serie Veciños interpretando a Katya Kinski, así como na serie de ciencia ficción creada por Joss Whedon Dollhouse, interpretando a personaxe de Sierra. Lachman intepretou a Suren no remake estadounidense Being Human. Lachman protagonizou o filme de 2014 Lust for Love e tivo un papel recorrente en Agents of S.H.I.E.L.D. como Jiaying. Lachman protagoniza o papel de Reileen Kawahara na serie de Netflix Altered Carbon, que foi estreada o 2 de febreiro de 2018.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1982 ![]() Katmandú, Nepal ![]() |
Educación | Universidade de Adelaide (pt) ![]() Norwood Morialta High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 2005 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Maximilian Osinski ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLachman (བདེ་ཆེན།) naceu en Katmandú, onde viviu até os oito anos de idade. Mudouse a Adelaida, Australia a finais da década de 1990 coa súa familia. A súa nai é tibetana e o seu pai é australiano de ascendencia alemá.[2] Asistiu á escola primaria West Lake, á Gilles Street, ó instituto Norwood Morialta, ó St Mary's College, ó Annesley College e á Universidade de Adelaida. Lachman mudouse ós Ánxeles pouco despois de rematar o drama Veciños en 2007.[3]
Notas
editar- ↑ Whedonesque.com, ed. (22 de febreiro de 2013). "Happy Birthday, Dichen Lachman!". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2013.
- ↑ Topel, Fred (5 de maio de 2009). CraveOnline, ed. "Dichen Lachman on Dollhouse". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2013.
- ↑ "Dichen Lachman Interview". Syfy UK blog. 11 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dichen Lachman |
Ligazóns externas
editar- Dichen Lachman na IMDb (en inglés).