O Dhaulagiri cunha altura de 8167 m é a sétima montaña máis elevada da Terra e a cima máis alta situada por enteiro nun único país.

Modelo:Xeografía físicaDhaulagiri
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Parte deHimalaia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaGandaki Pradesh, Nepal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°41′48″N 83°29′24″L / 28.6967, 83.49
CordilleiraHimalaia e Dhaulagiri Himal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude8.167 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica3.357 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico318 km Editar o valor en Wikidata
Clasificación dos cumesOitomil Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
13 de maio de 1960 primeira ascensión Editar o valor en Wikidata

O nome é unha contracción do sánscrito Dhavali giri, que significa "montaña branca".

Situación

editar

O Dhaulagiri está situado no centro-norte do Nepal, relativamente preto da fronteira do Tíbet. Forma parte da cadea do Himalaia, a uns 35 km de distancia ao leste do pico do Annapurna, do que o separa o val de Kali Gandaki.

Confusións sobre a altura

editar

Foi descuberto para a cartografía en 1808 e ao longo de arredor de 30 anos despois foi considerado como o teito do mundo, até o descubrimento do Kanchenjunga, que pasou a ocupar o lugar, tamén erradamente, por uns anos.

Conformación

editar

O Daulaghiri é un macizo composto de dez picos que superan os 7.000 m:

Dhaulagiri I 8.167 m
Dhaulagiri II 7.751 m
Dhaulagiri III 7.715 m
Dhaulagiri IV 7.661 m
Dhaulagiri V 7.618 m
Churen Himal (Central) 7.385 m
Churen Himal (Leste) 7.371 m
Churen Himal (Oeste) 7.371 m
Dhaulagiri VI 7.268 m
Putha Hiunchuli 7.246 m
Gurja Himal 7.193 m

Primeiro ascenso

editar

A cima foi conquistada polo ser humano o 13 de maio de 1960, por unha expedición conxunta helvético - austriaca, conducida por Max Eiselin, ao que acompañaban Kurt Diemberger, Peter Diener, Ernst Forrer, Albin Schelbert, Nyima Dorji e Nawang Dorji. Foi a primeira expedición ao Himalaia que contou con apoio aéreo, cun avión, un Pilatus PC-6, que por desgraza se estrelou contra a montaña, onde o aparello ficou abandonado.

Outras ascensións

editar

En 1979 tivo lugar a primeira escalada española á cima: o catalán Jordi Pons e os vascos Iñaki Aldaya, Javier Garayoa e Gerardo Plaza.