Deportistas olímpicos con discapacidade

artigo de listas da Wikimedia

Ao longo da historia olímpica houbo tres casos de deportistas olímpicos que participaron nos Xogos malia teren unha discapacidade severa, independentemente da súa participación nas edicións correspondentes dos Xogos Paralímpicos, se os houber. Estes foron os casos:

  1. George Eyser, un ximnasta estadounidense cunha perna de madeira, que conseguiu seis podios nos Xogos Olímpicos de 1904 en St. Louis, entre eles tres medallas de ouro en barras paralelas, cabalo e gabear pola corda. Eyser perdera a perna logo de ser atropelado por un tren.
  2. Neroli Fairhall, de Nova Zelandia, participou na competición de tiro con arco dos Xogos dos Ánxeles en 1984, acadando a posición 35ª na final. Ela, que anteriormente fora atleta, quedara parapléxica como consecuencia dun accidente de moto.
  3. Marla Runyan, unha atleta estadounidense rexistrada como cega participou nas probas olímpicas de 1500 metros nos Xogos de Sydney e de 5000 m nos de 2004.