Departamento de Florida
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Florida.
Florida é un departamento uruguaio situado no centro do país. Limita polo norte con Durazno, polo nordeste con Treinta y Tres, polo leste con Lavalleja, polo noroeste con Flores, polo sur con Canelones (polo Paso Pache), e polo suroeste con San José.

A superficie total do mesmo é de 10.417 km², e ten unha poboación estimada de 68.181 habitantes segundo o censo de 2004. A capital departamental é a cidade homónima, situada a 98 km de Montevideo, que está no sur do Uruguai.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Florida |
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |