Departamento de Treinta y Tres

Localización do departamento no Uruguai

Treinta y Tres é un departamento uruguaio. A súa capital é a cidade homónima. Localízase na zona oriental do territorio, limitando polo leste con Brasil, pola Laguna Merín, e cos departamentos de Cerro Largo polo norte, Durazno e Florida polo oeste e Lavalleja e Rocha polo sur.

HistoriaEditar

O departamento de Treinta y Tres foi constituído en 1853, con territorios pertencentes aos departamentos de Cerro Largo e Minas (actual Lavalleja). Bautizouse deste xeito en conmemoración aos Trinta e Tres Orientais, que a mando de Juan Antonio Lavalleja, loitaron pola independencia da antiga Provincia Oriental, xermolo do actual estado de Uruguai.