Departamento de San José
San José e un departamento uruguaio situado na zona sur do país. A capital departamental é a cidade de San José de Mayo.

Limita polo norte con Flores, polo leste con Florida, Canelones e Montevideo, polo oeste con Colonia e Soriano (nunha pequena franxa), e polo sur co Río da Prata.
A súa superficie é de 4.992 km² e ten unha poboación estimada de 103.104 habitantes segundo o censo de 2004.