Departamento de Ahuachapán
O departamento de Ahuachapán (do náhuat ajwechapan, "río de resío") é o máis occidental dos 14 departamentos nos que está dividida a República do Salvador. A súa cabeceira, a cidade de Ahuachapán, atópase a 100 km de San Salvador (capital da república). O departamento ten unha extensión de 1.239,60 km². Limita ao norte co departamento de Santa Ana, ao nordeste e ao leste co departamento de Jutiapa, de Guatemala, ao sur co océano Pacífico e ao leste co departamento de Sonsonate.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | O Salvador | ||||
Capital | Ahuachapán | ||||
Contén a división administrativa | Ahuachapán Ahuachapán Norte (en) Apaneca (pt) Concepción de Ataco (pt) Guaymango (pt) Jujutla (pt) San Francisco Menéndez San Pedro Puxtla (pt) Tacuba | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 319.503 (2007) (257,66 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua pipil | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.240 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 9 de febreiro de 1869 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SV-AH | ||||
Historia
editarFoi creado polo Decreto Lexislativo do 9 de febreiro de 1869 durante a administración de Francisco Dueñas.
O 9 de febreiro, a Cámara de Deputados, considerando que os Distritos de Ahuachapán e Atiquizaya tiñan a suficiente poboación para formar un Departamento e que a súa separación do Departamento de Santa Ana "reflúe en beneficio da máis eficaz administración", decretou a creación do Departamento a partir dos distritos. O decreto foi aprobado na Cámara de Senadores o 12 de febreiro e executado polo presidente Francisco Dueñas o 13 de febreiro de 1869.[1]
O 18 de febreiro, a Municipalidade de Ahuachapán propúxolle ao goberno o nomeamento do seu Deputado Fabio Morán para o posto de Gobernador departamental.[2] O 14 de marzo verificouse a inauguración do novo Departamento e o acto de toma de posesión de Fabio Morán da Gobernación en Ahuachapán.[3][4]
A súa cabeceira é a cidade de Ahuachapán e consta de dous distritos ou partidos: o de Ahuachapán e o de Atiquizaya, instituídos polas leis de 4 de xullo de 1832 e 26 de febreiro de 1869, respectivamente.
O actual gobernador departamental é Salvador Antonio Gómez Góchez nomeado en maio de 2011, por Mauricio Funes (expresidente salvadoreño).
Xeografía
editarA Cordilleira Costeira atravesa o departamento paralelamente á costa. Dentro das súas principais elevacións atópase o Cerro Apaneca, Volcán Apaneca ou Chichicastepeque 1,831 m s. n. m., o cerro Ataco, Cerro de Oro e Los Alpes.
O principal río é o río Paz, que serve de fronteira con Guatemala, outros ríos curtos e torrenciais baixan da Cordilleira Costeira. Algunhas das súas praias son: a Barra de Santiago e a Garita Palmera
En Ahuachapán sitúase a reserva nacional Bosque El Imposible, de grande interese ecolóxico.
No departamento existen varias lagoas, como El Espino, e lagoas de orixe volcánica como a lagoa Verde, un cráter volcánico a 1,609 m s. n. m.; e a lagoa Las Ninfas que tamén é un cráter volcánico a 1,704 m s. n. m..
A economía do departamento baséase no sector agropecuario. Cultívase café nas zonas altas e mornas e algodón nas zonas baixas e cálidas. Considérase unha zona de grande afluencia de comercio tanto local como internacional por estar preto de puntos fronteirizos.
Relixión
editarEscudo
editarO símbolo departamental é semirectangular. Na parte superior, sobre dúas ás en forma de papiro lese “Ahuachapán febrero 22 Primer Centenario”, que ten relación co reloxo de area que mostra os anos do aniversario “1862-1962”. Dentro do rectángulo, no extremo esquerdo, atópase un libro aberto e unha pluma, que representan a sabedoría dos escritores e homes que plasmaron a historia da cidade. No lado dereito, as ramas de café simbolizan unha das principais riquezas e producións agrícolas das que gozaron os aldeáns. No extremo esquerdo inferior sitúase a maior particularidade do departamento: as solfataras, chamadas ausoles, e despois obsérvase a cordilleira Amatepec que serve de fronteira con Guatemala. Así mesmo, no costado dereito, obsérvase o Arco Durán que está á entrada da cidade; a lagoa El Espino e ao fondo as montañas do cantón El Tigre. Ao pé do escudo nunha cinta lese “Ciudad de los ausoles”.
Demografía
editarO departamento de Ahuachapán de acordo co censo de poboación de 2007, en termos de raza o departamento tiña:
División administrativa
editarMunicipios
editarNotas
editar- ↑ "Decretos Legislativos" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 70) (San Salvador). 18 de febreiro de 1869. p. 1. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Ahuachapán" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 72) (San Salvador). 18 de febreiro de 1869. p. 2. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Ahuachapán" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 74) (San Salvador). 18 de marzo de 1869. p. 3. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Ahuachapán" (PDF). El Constitucional (Tomo 3 Número 75) (San Salvador). 1 de abril de 1869. p. 2. Consultado o 6 de maio de 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Atlas geográfico universal y de El Salvador. San Salvador (El Salvador): Océano, 1995. ISBN 84-494-0135-6.
Ligazóns externas
editar- Ahuachapán.es Arquivado 20 de decembro de 2018 en Wayback Machine.