Plataforma ¡Democracia Real YA!

(Redirección desde «Democracia Real Ya»)

¡Democracia Real YA! (en galego Democracia Real Xa!), é un movemento cidadán non partidista de ámbito estatal xurdido en España en 2011.

Plataforma ¡Democracia Real YA!
TipoGrassroots
Data de fundación2011
PaísEspaña
Na rede
http://www.democraciarealya.org.es/
editar datos en Wikidata ]
Acampada no Obradoiro en 2011 dentro do movemento Democracia Real Xa!.

Historia e características editar

 
Manifestación na Puerta del Sol de Madrid o 15 de maio de 2011.

Naceu en Internet e nas redes sociais, ao considerar que os cidadáns non están representados nin son escoitados polos políticos dos grandes partidos que rexen na actualidade, polo que esixen unha modificación real e pronta no rumbo das políticas sociais e económicas que conduciron a taxas récord de desemprego e precariedade no último período democrático, especialmente dentro do contexto da crise económica de 2008-2011. O colectivo denuncia ademais as prácticas das grandes corporacións e os lobbys por tras do bipartidismo que amparan PP e PSOE. O movemento é de carácter pacífico e contrario a formar parte de calquera ideoloxía; opta así mesmo por un cambio do sistema a lograr dentro deste, é dicir, non ten un perfil de antisistema.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar