Demetrio de Bizancio

historiador grego

Demetrio de Bizancio (en latín Demetrius, en grego antigo Δημήτριος) foi un historiador grego autor de dúas obras mencionadas por Dióxenes Laercio, unha sobre a emigración dos galos de Europa a Asia en trece libros e outra sobre Ptolomeo II Filadelfo e Antíoco I Soter. e da súa administración de Libia.

Infotaula de personaDemetrio de Bizancio
Biografía
Nacementoséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Segundo se deduce das súas obras, debeu ser contemporáneo dos acontecementos e vivir no século -III. Probabelmente sexa o mesmo personaxe que o Demetrio de Bizancio mencionado como discípulo de Critón de Piera, que escribiu un libro chamado περί ποιητῶν (ou τερί ποιημάτων) en catro volumes, citado por Ateneo, e outras dúas obras atopadas en Herculano: περί τινῶν συψητηθέντων δίαιταν e περὶ τᾶς Πολυαίνου ἀπορίας. Ademais, non é imposíbel que este filósofo fose o mesmo que intentou disuadir a Catón de Útica de se suicidar, segundo Plutarco[1].

Notas editar

  1. 6. 7.Demetrius of Byzantium en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 968