Debra Messing
actriz estadounidense
Debra Lynn Messing, nada o 15 de agosto de 1968 en Nova York, é unha actriz estadounidense.
Debra Messing | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de agosto de 1968 |
Lugar | Brooklyn |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | xudaísmo |
Educada en | Universidade Brandeis, New York University Tisch School of the Arts e East Greenwich High School |
Cónxuxe(s) | Daniel Zelman |
Profesión | actriz de cinema, actriz de dobraxe, actriz de teatro, actriz de televisión, humorista, actriz, produtora e produtora de televisión |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nada no barrio de Brooklyn, a súa familia mudouse a Providence cando ela tiña tres anos, estudou na Universidade Brandeis, e durante un ano estudou teatro co programa Studio Group. Logo de acabar os seus estudos admitírona na Universidade de Nova York para realizar un máster en belas artes. Messing é coñecida por interpretar a Grace Adler na comedia de situación Will & Grace (1998-2006) e a Molly Kagan en The Starter Wife (2007 e 2008). Ámbolos papeis reportáronlle oito candidaturas aos Globo de Ouro e seis aos Emmy, gañando un Emmy no ano 2003.