David Villasuso
David Villasuso Castaño, nado na Coruña en 1973, é un financeiro galego, actual secretario do Consello de Administración do Deportivo da Coruña dende 2023.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (50/51 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | financeiro , association football executive (en) |
Traxectoria editar
Traballou no sector financeiro, pasando entre 2003 e 2020 por Caixanova, Deutsche Bank, Caixa Galicia, Novacaixagalicia e Banco Pastor.[1] En xuño de 2020 converteuse no director xeral do Deportivo da Coruña e as súas sociedades dependentes, e seis meses despois pasou a formar parte do Consello de Administración presidido por Fernando Vidal, ocupando a vacante deixada por Miguel Otero.[2]
En xuño de 2023, tralo novo fracaso deportivo da tempada anterior, na que o Deportivo perdeu o ascenso na promoción, Abanca destituíu o Consello de Administración do club, quedando Villasuso como apoderado.[3] Trala formación dun novo Consello, foi o único dos antigos membros que seguiu formando parte do mesmo, co cargo de secretario.[1]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Quintás, Paula (8 de xullo de 2023). "¿Quiénes son los nuevos presidente, secretario y cuatro consejeros del Deportivo?" (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "David Villasuso, novo membro do Consello de Administración do Real Club Deportivo". 16 de decembro de 2020. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ Núñez, Alfonso (14 de xuño de 2023). "Dimite todo el Consejo de Administración del Deportivo y el club anuncia el cese de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023.