Tempada 2022/23 do Deportivo da Coruña

tempada deportiva

Durante a tempada 2022/23 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División RFEF.

Deportivo da Coruña
Tempada 2022–23
PresidenteGalicia Antonio Couceiro
AdestradorEspaña Borja Jiménez (1-7)
España Óscar Cano (8-36)
Galicia Rubén de la Barrera (37-38)
EstadioRiazor
Copa do Rei1ª rolda
GoleadorEspaña Quiles (16)
Maior asistencia28.828
Na casa
Fóra
Alternativa

Resumo da tempada editar

Pretempada editar

O 21 de xuño o Deportivo anunciou a súa primeira fichaxe da tempada, a do dianteiro vasco Gorka Santamaría, procedente do Badajoz.[1] Nos seguintes días pecháronse tamén as chegadas de Narro e Isi, dende o Valladolid e o Badajoz respectivamente,[2][3] así como o traspaso de Noel ao Real Madrid Castilla.[4] O 29 de xuño fíxose pública a cuarta fichaxe, o gardameta tudense Edu Sousa, que chegou libre dende o Talavera de la Reina.[5]

O 7 de xullo o club concretou a fichaxe de Roberto Olabe, que chegou libre dende o Alcorcón. Durante a seguinte semana anunciáronse as rescisións dos contratos de Jorge Valín, Yago Gandoy e Carlos Doncel,[6][7][8] así como o regreso ao club despois de máis dunha década do lateral coruñés Raúl García Carnero, cedido dende o Valladolid.[9] O 19 de xullo o Deportivo pechou co Atlético de Madrid a incorporación en propiedade de Mario Soriano, que xogara cedido no club coruñés durante a tempada anterior.[10] Os días 26 e 27 anunciáronse as fichaxes de Retu e Ibai Gómez, procedentes do Real Madrid Castilla e do Foolad iraniano respectivamente.[11][12]

O 3 de agosto anunciouse a chegada como cedido de Rubén Díez, procedente do Tenerife.[13] O 31 de agosto fíxose oficial a fichaxe do hispano-uruguaio Kuki Zalazar, procedente da Ponferradina.[14]

O 1 de setembro, derradeiro día do mercado de fichaxes, anunciouse a rescisión do contrato de Héctor Hernández,[15] así como as chegadas do hispano-sueco Max Svensson, cedido por un ano polo Espanyol,[16] e do hispano-francés Pablo Martinez, procedente do Nîmes Olympique.[17] Ademais, o club inscribiu con ficha do primeiro equipo a Yeremay, que na anterior campaña xogara con ficha do Fabril.[18]

Competición editar

O Deportivo comezou a competición unha xornada máis tarde que o resto de equipos, pois o seu primeiro rival, o Internacional de Madrid, foi descualificado e substituído máis tarde polo Talavera de la Reina.[19] Finalmente, o club coruñés debutou o 3 de setembro cunha vitoria ante a Balompédica Linense en Riazor, e a continuación logrou outra vitoria fronte ao Mérida. Mantívose invicto ata outubro, cando caeu fronte ao San Fernando, pero o equipo recibiu críticas dende o principio da tempada debido ao pobre nivel de xogo mostrado.[20] O 11 de outubro o club comunicou o despido do adestrador Borja Jiménez e a contratación dun novo técnico: Óscar Cano.[21] O balance de Jiménez na tempada foi de tres vitorias, tres empates e unha derrota en sete xornadas, e co equipo situado na zona de promoción pero a sete puntos do líder, o Racing de Ferrol.[22]

O 8 de novembro o dianteiro vasco Ibai Gómez anunciou a súa retirada do fútbol profesional e o club comunicou a rescisión do seu contrato.[23][24] O último día de 2022, o club anunciou o despido do xogador biscaíño Gorka Santamaría.[25] Ese mesmo día fíxose oficial o regreso de Lucas Pérez, catro anos e medio despois da súa marcha da Coruña.[26] O dianteiro renunciou así ao contrato que lle restaba no Cádiz e baixou dúas categorías ata a Primeira División RFEF, pagando el mesmo a metade do preto do millón de euros que custou o traspaso.[27] A súa fichaxe acaparou titulares en numerosos medios deportivos arredor do mundo, destacando estes o insólito no fútbol moderno da súa decisión de antepoñer o cariño por un club ao beneficio económico.[28][29][30] Foi presentado o 3 de xaneiro sobre o céspede de Riazor, diante duns 8000 espectadores.[31]

Na parte final do mercado invernal, o Deportivo fichou a Kike Saverio,[32] Pepe Sánchez e Orest Lebedenko,[33][34] e concretou as saídas de Borja Granero, Retu e Víctor Narro, os dous últimos cedidos ao Hércules e ao Atlético Baleares respectivamente.[35][36][37] Finalmente, no derradeiro día de mercado o club incorporou a Arturo, procedente do San Sebastián de los Reyes.[38]

Con Cano no banco, o Deportivo mantívose en zona de promoción de ascenso durante case toda a tempada, pero sen chegar en ningún momento ao liderado, obxectivo prioritario do club.[39] Xa sen opcións de ascenso directo e con boa parte da afección en contra,[40] o adestrador foi cesado o 15 de maio de 2023, despois dunha derrota contra o Linares por 3-2 na xornada 36, sendo substituído por Rubén de la Barrera.[41]

O técnico coruñés dirixiu o equipo nos dous últimos partidos da liga regular, unha vitoria por 4-0 sobre o Algeciras na casa e un empate a un gol contra o Pontevedra en Pasarón, antes de encarar a promoción de ascenso. No partido de ida das semifinais ante o Castellón, diante dos 28.828 espectadores de Riazor (cifra récord para a categoría), o Deportivo conseguiu unha vitoria pola mínima. Con todo, na volta en Castàlia, o Deportivo volveu quedar eliminado por segundo ano consecutivo, despois dun intenso partido con sete goles e unha prórroga que o club coruñés disputou con dez xogadores, trala expulsión do porteiro Ian Mackay, que sufriu o encontro máis desafortunado da súa carreira.[42][43]

O novo fracaso deportivo provocou a dimisión do Consello de Administración do club e a destitución de Rubén de la Barrera, a pesar de que este dirixiu o equipo en só catro partidos e contaba cun grande apoio entre a afección.[44][45] O 29 de xuño milleiros de seareiros do Deportivo levaron a cabo unha histórica manifestación contra as últimas decisións de Abanca, entidade propietaria do club.[46] Con todo, durante os seguintes días continuaron os despedimentos de persoal do club, entre eles o de Fran, director de canteira.[47]

Material deportivo editar

O equipamento do Deportivo é proporcionado por Kappa e os patrocinadores son Estrella Galicia, Abanca e Luckia.

Persoal editar

Corpo técnico editar

Cargo Nome
Adestrador Borja Jiménez (ata o 11 de outubro)
Óscar Cano (11 de outubro - 15 de maio)
Rubén de la Barrera (dende o 16 de maio)
2º adestrador Álex Martínez (ata o 11 de outubro)
Elías Martí (11 de outubro - 15 de maio)
Fran Noguerol (dende o 16 de maio)
Ad. de porteiros Alberto Casal
Preparador físico Luis Fandiño
Sergio Roca
Julio Hernández (dende o 16 de maio)

Consello de administración editar

Cargo Nome
Presidente Antonio Couceiro
Secretario Miguel Juane
Conselleiros Eduardo Blanco Pereira
Carlos Cantó
Emma Lustres
David Villasuso Castaño

Mercado de fichaxes editar

Altas editar

Data Pos Nome Procedencia Prezo
21 de xuño de 2022 DIA   Santamaría   Badajoz Libre
24 de xuño de 2022 MED   Narro   Valladolid Libre
27 de xuño de 2022 MED   Isi   Badajoz
29 de xuño de 2022 POR   Edu Sousa   Talavera de la Reina Libre
7 de xullo de 2022 MED   Olabe   Alcorcón Libre
15 de xullo de 2022 DEF   Raúl Carnero   Valladolid Cedido
19 de xullo de 2022 MED   Mario Soriano   Atlético de Madrid
26 de xullo de 2022 DEF   Retu   Real Madrid Castilla
27 de xullo de 2022 MED   Ibai Gómez   Foolad Libre
3 de agosto de 2022 MED   Rubén Díez   Tenerife Cedido
31 de agosto de 2022 DIA    Kuki Zalazar   Ponferradina Libre
1 de setembro de 2022 DIA    Max Svensson   Espanyol Cedido
1 de setembro de 2022 DEF    Pablo Martinez   Nîmes Olympique Libre
1 de xaneiro de 2023 DIA   Lucas Pérez   Cádiz 500.000 €
21 de xaneiro de 2023 DEF   Lebedenko   Lugo
22 de xaneiro de 2023 DIA   Kike Saverio   Osasuna
27 de xaneiro de 2023 DEF   Pepe Sánchez   Granada Cedido
31 de xaneiro de 2023 DIA   Arturo   San Sebastián de los Reyes

Baixas editar

Data Pos. Nome Destino Prezo
26 de xuño de 2022 DIA   Noel   Real Madrid Castilla 600.000 €
30 de xuño de 2022 MED   Juergen Elitim   Racing de Santander Fin de cesión
30 de xuño de 2022 MED   Josep Calavera   Atlético de Madrid Fin de cesión
30 de xuño de 2022 MED   William de Camargo   Leganés Fin de cesión
30 de xuño de 2022 DEF   Víctor García   Valladolid Fin de cesión
30 de xuño de 2022 DIA   Miku   Real Murcia Fin de contrato
30 de xuño de 2022 MED   Aguirre   Fuenlabrada Fin de contrato
30 de xuño de 2022 MED   Rafa de Vicente   San Sebastián de los Reyes Fin de contrato
30 de xuño de 2022 DEF   Pablo Trigueros   Cultural Leonesa Fin de contrato
30 de xuño de 2022 MED   Álvaro Rey   Xerez Fin de contrato
11 de xullo de 2022 DEF   Valín   Numancia Rescisión de contrato
14 de xullo de 2022 MED   Gandoy   Coruxo Rescisión de contrato
16 de xullo de 2022 MED   Doncel   UD Logroñés Rescisión de contrato
1 de setembro de 2022 DEF   Héctor Hernández   Rayo Majadahonda Rescisión de contrato
8 de novembro de 2022 DIA   Ibai Gómez   Santutxu Rescisión de contrato
31 de decembro de 2022 DIA   Gorka Santamaría   Badajoz Rescisión de contrato
19 de xaneiro de 2023 DEF   Granero   Castellón Rescisión de contrato
25 de xaneiro de 2023 DEF   Retu   Hércules Cedido
31 de xaneiro de 2023 MED   Narro   Atlético Baleares Cedido

Xogadores editar

Pos Nac Nome Liga Promoción Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles Aps Goles      
1 POR   Ian Mackay 35 0 2 0 0 0 37 0 2 2
2 DEF   Antoñito 32 0 2 0 0 0 34 0 7
3 DEF   Lapeña 26 0 0 0 0 0 26 0 4 1
4 MED   Bergantiños 19 0 2 0 1 0 22 0 2
5 DEF   Pepe Sánchez 7 1 0 0 0 0 7 1 2
6 MED   Isi 27 0 2 0 0 0 29 0 7
7 DIA   Lucas 19 8 2 1 0 0 21 9 6
8 MED   Olabe 34 0 1 0 0 0 35 0 13 1
9 DIA   Quiles 34 16 0 0 1 0 35 16 5
10 MED   Mario Soriano 36 8 2 0 0 0 38 8 4 1
11 DIA   Kike Saverio 13 2 2 0 0 0 15 2 1
12 DEF   Lebedenko 15 1 2 0 0 0 17 1 1
13 POR   Pablo Brea 0 0 0 0 1 0 1 0
14 MED   Arturo 8 0 0 0 0 0 8 0
15 DEF   Raúl Carnero 23 1 0 0 0 0 23 1 1 1
16 DEF   Pablo Martinez 30 0 2 0 0 0 32 0 4
17 DIA   Kuki Zalazar 28 1 2 1 1 0 31 2 4
18 DEF   Trilli 10 0 1 0 1 0 12 0 2
19 DEF   Jaime Sánchez 27 0 2 0 0 0 29 0 3
20 DIA   Max Svensson 27 4 2 1 0 0 29 5 5
21 MED   Rubén Díez 34 3 0 0 0 0 34 3 8
22 MED   Villares 33 4 2 0 1 0 36 4 8
23 MED   Yeremay 21 2 2 1 1 0 24 3 3
24 POR   Edu Sousa 5 0 1 0 0 0 6 0
Xogadores do xuvenil e do filial
Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles      
27 MED   Mella 2 0 0 0 2 0
28 DEF   Barcia 0 0 1 0 1 0 1
29 DEF   Puerto 0 0 1 0 1 0
30 MED   Brais Val 0 0 1 0 1 0

Deixaron o equipo editar

Pos Nac Nome Liga Copa Total Disciplina
Aps Goles Aps Goles Aps Goles      
7 MED   Ibai Gómez 7 0 0 0 6 0
5 DEF   Retu 0 0 1 0 1 0
11 DIA   Santamaría 13 0 1 0 14 0 3
12 DEF   Granero 0 0 0 0 0 0
14 MED   Narro 14 0 1 0 15 0 2 1

Clasificación editar

Grupo 1 - Noroeste

Pos Equipos PX PG PE PP GF GC Dif Pts Notas
1 Racing de Ferrol 38 22 9 7 55 25 +30 75 Ascenso a Segunda División e Copa do Rei
2 Alcorcón 38 21 11 6 53 23 +30 74 Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei
3 Real Madrid Castilla 38 19 12 7 58 38 +20 69 Promoción de ascenso a Segunda División
4 Deportivo da Coruña 38 18 13 7 53 29 +24 67 Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei
5 Celta de Vigo B 38 16 11 11 48 38 +10 59 Promoción de ascenso a Segunda División
6 Linares 38 17 8 13 53 53 0 59 Clasificación para a Copa do Rei
7 Unionistas 38 15 11 12 38 40 −2 56
8 Mérida 38 14 12 12 40 37 +3 54
9 Córdoba 38 14 12 12 48 37 +11 54
10 Cultural Leonesa 38 13 9 16 41 43 −2 48
11 Fuenlabrada 38 13 7 18 32 51 −19 46
12 Ceuta 38 12 9 17 53 52 +1 45
13 San Fernando 38 11 12 15 46 50 −4 45
14 Rayo Majadahonda 38 12 9 17 42 51 −9 45
15 Algeciras 38 11 11 16 36 47 −11 44
16 Badajoz 38 11 10 17 35 52 −17 43 Descenso a Segunda División RFEF
17 Sanse 38 11 10 17 30 46 −16 43
18 Linense 38 10 11 16 31 34 −3 42
19 Pontevedra 38 9 9 20 34 53 −19 36
20 Talavera 38 8 9 21 36 63 −27 33

Evolución editar

Xornada 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38
Posición

Partidos editar

      Vitoria

      Empate

      Derrota


Pretempada e amigables editar

Trofeo Teresa Herrera editar

Artigo principal: Trofeo Teresa Herrera 2022.

Primeira División RFEF editar

Promoción de ascenso a Segunda División editar

Copa do Rei editar

Notas editar

  1. "Gorka Santamaría, primeira fichaxe do Dépor 22-23". 21 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  2. "Víctor Narro, novo xogador do Dépor 22-23". 24 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  3. "Isi Gómez, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 27 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  4. "El Castilla ficha a Noel López, joya de la cantera del Deportivo". Mundo Deportivo (en castelán). 26 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  5. "Edu Sousa, novo xogador do Dépor 22-23". 29 de xuño de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  6. "Jorge Valín non continuará no Deportivo". 11 de xullo de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  7. "Yago Gandoy non continuará no Deportivo". 14 de xullo de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  8. "Carlos Doncel non continuará no Deportivo". 16 de xullo de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  9. "Raúl Carnero vuelve al Deportivo" (en castelán). 15 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022. 
  10. "Mario Soriano será xogador do Dépor dúas temporadas máis". 19 de xullo de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2022. 
  11. "Alberto Retuerta, novo xogador do Dépor 22-23". 26 de xullo de 2022. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  12. "Ibai Gómez, novo xogador do Dépor 22-23". 27 de xullo de 2022. Consultado o 31 de xullo de 2022. 
  13. "Rubén Díez, novo xogador do Dépor 22-23". 3 de agosto de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  14. "Kuki Zalazar, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2022. Consultado o 31 de agosto de 2022. 
  15. "Héctor Hernández non continuará no RC Deportivo". 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  16. "Max Svensson, novo xogador do Dépor 22-23". 1 de setembro de 2022. Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  17. "Pablo Martínez, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  18. "El Deportivo inscribe a Yeremay con ficha del primer equipo" (en castelán). 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  19. "La RFEF acuerda "desinscribir" a DUX de 1ªRFEF y asignar la plaza al Talavera" (en castelán). 2 de setembro de 2022. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  20. Núñez, Alfonso (11 de outubro de 2022). "Borja Jiménez, destituido como entrenador del Deportivo". El Español (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  21. "Óscar Cano, novo adestrador do RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 11 de novembro de 2022. Consultado o 11 de outubro de 2022. 
  22. Zautúa, Israel. "Óscar Cano, principal opción para dirigir al Depor tras la destitución de Borja". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  23. "Así anunció Ibai Gómez su retirada del fútbol profesional (VÍDEO)" (en castelán). 8 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  24. Yordi, Juan (8 de novembro de 2022). "Ibai Gómez rescinde con el Dépor". Marca (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  25. "La salida poco amistosa de Gorka Santamaría del Deportivo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  26. "Lucas Pérez ficha polo Dépor: O Neno volve a casa". Deportivo da Coruña. 31 de decembro de 2022. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  27. Estrella Dominguez-Mompell, Nacho (1 de xaneiro de 2023). "El enorme esfuerzo económico de Lucas Pérez para fichar por el Depor" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  28. Lema, Jorge (4 de xaneiro de 2023). "Medio mundo alucina con la vuelta de Lucas Pérez a Riazor". As (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  29. Silveira, Xane (3 de xaneiro de 2023). "El mundo del fútbol se rinde a Lucas Pérez: "Se guía por los sentimientos"" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  30. Losada, Víctor (1 de xaneiro de 2023). "Lucas Pérez traspasa fronteras: Las reacciones del mundo del fútbol a su regreso al Deportivo" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  31. "Lucas Pérez: "No os penséis que porque venga yo o Messi vamos a ascender"". Marca (en castelán). 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  32. "Kike Saverio, novo xogador do Dépor 22-23". 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  33. "Pepe Sánchez, novo xogador do Dépor 22-23". 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  34. "Lebedenko, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  35. Lema, Jorge (19 de xaneiro de 2023). "Borja Granero deja el Deportivo y ficha por el Castellón". As (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  36. "Víctor Narro se marcha cedido al Atlético Baleares" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  37. "Víctor Narro se marcha cedido al Atlético Baleares" (en castelán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  38. "Arturo, novo xogador do Dépor 22-23". 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de febreiro de 2023. 
  39. Losada, Víctor (16 de maio de 2023). "Los números que condenaron a Óscar Cano a la destitución" (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2023. 
  40. Regueiro, Zeltia (14 de maio de 2023). "La afición del Depor pide el cese de Óscar Cano". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2023. 
  41. "Rubén de la Barrera volta ao Dépor após a destitución de Óscar Cano". Nós Diario. 16 de maio de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  42. "El Castellón se lleva la eliminatoria en la montaña rusa de Castalia". Marca (en castelán). 11 de xuño de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  43. "El día negro de Ian Mackay". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  44. Núñez, Alfonso (14 de xuño de 2023). "Dimite todo el Consejo de Administración del Deportivo y el club anuncia el cese de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  45. Silveira, Xane (29 de xuño de 2023). "La afición del Deportivo recuerda a De La Barrera en plena manifestación: "¡Queremos a Rubén!"" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  46. Silveira, Xane (29 de xuño de 2023). "La histórica protesta de la afición del Deportivo contra la propiedad: "¡Abanca, escoita, Coruña está en loita!"" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  47. "El Deportivo sigue con su reconstrucción y prescinde de Gabriel Barrós, Ignacio Dopico, Pose y Rocío Candal" (en castelán). 7 de xullo de 2023. Consultado o 12 de agosto de 2023. 
  48. "O Dépor arranca con remontada en ABANCA-RIAZOR (2-1)". Deportivo da Coruña. 3 de setembro de 2022. Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  49. "Un lategazo de Raúl Carnero dá ao Dépor o primeiro éxito a domicilio (0-1)". Deportivo da Coruña. 11 de setembro de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022. 
  50. "O Dépor non puido culminar unha segunda remontada en casa (1-1)". Deportivo da Coruña. 18 de setembro de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022. 
  51. "Táboas en ABANCA-Balaídos (1-1)". 24 de setembro de 2022. Consultado o 5 de outubro de 2022. 
  52. "O Dépor volve cantar vitoria (3-2)". 28 de setembro de 2022. Consultado o 5 de outubro de 2022. 
  53. "O Dépor encaixa a súa primeira derrota do curso (0-1)". 2 de outubro de 2022. Consultado o 5 de outubro de 2022. 
  54. "O Dépor de Óscar Cano arranca con vitoria (2-1)". 16 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  55. "A maxia de Quiles derruba ao UD Sanse (1-0)". 29 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  56. "#OsNosos volven gañar lonxe de casa (1-2)". 5 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  57. "Mínimo premio para un Dépor que quixo e mereceu máis (2-2)". Deportivo da Coruña. 21 de novembro de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  58. "3 de dec. de 2022" (en castelán). 3 de decembro de 2022. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  59. Pérez, Javi (6 de decembro de 2022). "Ferrón desata el delirio en el Nuevo Vivero" (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  60. "O Dépor reencóntrase coa súa mellor versión en casa (2-0)". 11 de decembro de 2022. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  61. "El árbitro y la mala suerte impiden a la AD Ceuta poder lograr algo positivo ante un flojo Deportivo de La Coruña (1-2)" (en castelán). 18 de decembro de 2022. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  62. "Doblete de Lucas Pérez en su regreso con el Dépor" (en castelán). 8 de xaneiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  63. Nieto, Fran (14 de xaneiro de 2023). "ALCORCÓN 3-1 DEPORTIVO" (en castelán). Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  64. "Sangue, suor e Lucas para gañar ao Rayo (1-0)". 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de febreiro de 2023. 
  65. "O Dépor perde dous puntos de ouro na última xogada (2-2)". 29 de xaneiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  66. "O Dépor atopa no 94 o que mereceu durante 93 minutos (1-0)". 4 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  67. "El poder de Matapiñonera" (en castelán). 12 de febreiro de 2023. Consultado o 18 de febreiro de 2023. 
  68. "El CF Talavera cae ante el Dépor y pierde su imbatibilidad de seis jornadas consecutivas en El Prado" (en castelán). 19 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  69. "Goleada para seguir en todo o alto (5-0)". 25 de febreiro de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  70. "Un punto máis para seguir na pelexa (0-0)". 5 de marzo de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  71. "O Dépor suma por oitava xornada consecutiva (1-1)". 12 de marzo de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  72. "El Deportivo cae ante la Cultural Leonesa" (en castelán). 19 de marzo de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  73. "Lucas e Quiles finiquitan a mala xeira (2-0)". 26 de marzo de 2023. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  74. "O Dépor sucumbe con dez en Salamanca (2-1)". 1 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  75. "O Dépor aperta os dentes para manter a súa fortaleza en casa (4-2)". 8 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  76. "Novo paso firme e adiante do Dépor en ABANCA-RIAZOR (1-0)". 23 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  77. "O Dépor suma un punto no Nuevo Arcángel para seguir na pelexa (1-1)". 30 de abril de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  78. ""Mucho que decir, poco que contar" (0-0)". 6 de maio de 2023. Consultado o 17 de maio de 2023. 
  79. Mendoza, Ángel (14 de maio de 2023). "Remontada para la historia del Linares ante el Dépor" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2023. 
  80. "O novo Dépor asegura o playoff ao grande (4-0)". 20 de maio de 2023. Consultado o 22 de maio de 2023. 
  81. "Empate dun digno Pontevedra fronte ao Depor no día do adeus de Charles (1-1)". 27 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023. 
  82. "O Dépor toma vantaxe en ABANCA-RIAZOR (1-0)". 7 de xuño de 2023. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  83. Valdés, Sergio (12 de novembro de 2022). "El CD Guijuelo se carga al Dépor y pasa de ronda en la Copa del Rey" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2023.