David Testo

futbolista estadounidense

David Testo, nado o 7 de agosto de 1981 en Winston-Salem (Carolina do Norte), é un futbolista estadounidense que xogou profesionalmente no Canadá.

David Testo
David Testo en 2009.
Información persoal
Nome David Testo
Nacemento 7 de agosto de 1981 (42 anos)
Lugar de nacemento Winston-Salem
Altura 1,80 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1999-2001 South Carolina Gamecocks
2001-2003 North Carolina Tar Heels
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003 Richmond Kickers 28 (6)
2004-2005 Columbus Crew 33 (1)
2006–2007 Vancouver Whitecaps 34 (6)
2008–2011 Montreal Impact 83 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol no instituto e en 1998 foi nomeado mellor xogador do estado de Carolina do Norte entre os rapaces do seu tempo. Marchou estudar á Universidade de Carolina do Sur, onde xogou co equipo universitario, e logo mudouse á Universidade de Carolina do Norte - Chapel Hill, onde destacou como centrocampista e axudou o equipo local, o Tar Heels, a gañar o campionato rexional da zona norte da costa atlántica.

En 2003 non foi seleccionado nos drafts para que os equipos profesionais escollesen xogadores universitarios, e acabou fichando polos Richmond Kickers, o principal equipo do estado de Virxinia, co que disputou partidos no que daquela era a primeira división do fútbol norteamericano, e onde se agrupaban equipos dos Estados Unidos e do Canadá. A pesar da excelente temporada de Testo, o Richmond descendeu e Testo fichou polo Columbus Crew, o principal equipo de Ohio, co que se mantivo en primeira división. A actuación de Testo é discreta, en parte por culpa de diversas lesións, e ao remate de dúas temporadas o Crew prescinde del.

En 2006 pois, Testo fichou por un equipo de Segunda división, o Vancouver Whitecaps, e xa que logo xogou por primeira vez para un conxunto canadense. O Whitecaps conseguiu ese ano o título ligueiro nos play-offs, e Testo fichou á seguinte tempada polo Montreal Impact, ao igual ca outros xogadores que viñan do Whitecaps. Co Impact en segunda división conseguiu importantes triunfos, entre eles o título de campión do Canadá, co que o equipo se clasifica para xogar por primeira vez a CONCACAF Champions League. A pesar de facer boas campañas en 2008 e 2009, onde foi sinalado como o xogador máis valioso do equipo, en 2011 foi despedido polo conxunto de Montreal.

Vida persoal editar

Uns meses despois de quedar sen equipo, e nunha entrevista para a Radio Canada, Testo recoñeceu abertamente a súa homosexualidade, co que se converteu no primeiro futbolista estadounidense en facelo[1].

Notas editar