CF Montréal

(Redirección desde «Montreal Impact»)

O Montreal Impact (Impact de Montréal en francés) é un equipo de fútbol profesional de Canadá e xoga na Major League Soccer. O equipo exerce localía na cidade de Montreal, na provincia de Quebec. O equipo foi fundado no ano 1992 e xogou na North American Soccer League, a segunda división do fútbol profesional norteamericano, ata o ano 2011. No ano 2012 comezou a súa andadura na MLS.

Montreal Impact
NomeMontreal Impact
Impact de Montréal (Francés)
Alcume(s)Impact
Fundación1992
EstadioStade Saputo
Montreal, Canadá
Inauguración2008 [1]
Capacidade20.521
Propietario Joey Saputo
Adestrador Mauro Biello
LigaMajor League Soccer
2015Leste: 3º
Global: 7º
Playoffs: Semifinais de Conferencia
Na rede
http://www.impactmontreal.com/en/
Facebook: ClubdeFootMTL Twitter: clubdefootmtl Instagram: clubdefootmtl Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Impact foi o primeiro equipo canadense en xogar unha final da Liga de Campións da CONCACAF e o segundo da MLS. O estadio do Montreal Impact é o Stade Saputo.

Historia editar

NASL [2] editar

O primeiro ano na NASL non foi demasido bo xa que acabaron a tempada na última posición. Sorprendentemente ao ano seguinte chegaron á final dos playoffs e venceron ós Colorado Foxes alzando o seu primeiro título. No ano 1995, seguiron os bos resultados o equipo gañou a tempada regular pero foi eliminado na primeira ronda dos playoff. Nos anos posteriores o equipo consolidouse como o mellor equipo canadense, e tamén atraendo a moitos dos mellores xogadores da época. No ano 1999 co cambio de propietario decidiuse no participar nesa tempada para preparar a seguinte.

Tras ese parón na seguinte tempada o equipo quedou fora dos playoffs por primeira vez dende o ano 1993. No ano 2002 o Impact volveu a clasificarse para os playoffs, pero cae en segunda ronda contra o Rochester Raging Rhinos por terceira vez na súa historia. Ao ano seguinte repetiuse a historia fronte ó Rochester Raging Rhinos pero esta vez en primeira ronda. No 2004 o equipo tivo que volver a enfrontarse ó Rochester Raging Rhinos na primeira ronda pero conseguiu eliminalo esta vez, os canadenses seguiron avanzando ata a final fronte ó Seattle Sounders que gañaron por dous goles a cero conseguindo o seu segundo trofeo da NASL. No ano 2008 inaugarábase o novo estadio , Stade Saputo, e o equipo avanzou ata as semifinais, pero foi eliminado contra o que sería o campión, o Vancouver Whitecaps. Ó ano seguinte invertíronse os papeis, e o equipo de Montreal apeou na final ós Vancouver Whitecaps. No ano 2010 anounciouse que o Montreal Impact xogaría na Major League Soccer a partir do ano 2012 [3]. Na súa última tempada na NASL o equipo quedouse a un punto dos playoffs. O Impact concluiu a súa historia na NASL con 265 vitorias, 155 derrotas e 71 empates, en 491 partidos de tempada regular, tres trofeos de liga e sete Canadian championship.

MLS [4] editar

O primeiro partido do Montreal Impact na Major League Soccer foi un derbi canadense contra o Vancouver Whitecaps e terminou con derrota por dous goles a cero para o equipo de Quebec [5]. O primeiro partido na casa acabou co primeiro punto na historia do Impact na MLS [6]. Na súa primeira tempada na máxima competición do fútbol en norteamérica o equipo finalizou na sétima posición [7]. No ano 2013 o equipo conseguiu a súa primeira clasificación para os playoffs, aínda que foi eliminado na primeira ronda.

O 27 de xullo de 2015 anunciábase a fichaxe do costamarfileño Didier Drogba [8]. A nova súper-estrela do equipo de Montreal debutou no Stade Saputo fronte o Chicago Fire, un partido loco que finalizou cun 4-3 onde o dianteiro de Costa do Marfil marcou tres goles cunha increíbel estrea [9]. Por segunda tempada na súa historia conseguiron clasificarse para os playoffs, avanzaron ata as semifinais de conferencia por primeira vez [10]. Enfrontábanse ó Columbus Crew e venceron no partido de ida, pero no partido de volta os Black & Gold conseguiron empatar a eliminatoria polo que tivo que xogarse unha fatídica prórroga na que no minuto 111 Kei Kamara marcou o gol que deu o pase para os de Columbus.

Xogadores[11] editar

Posto País Xogador
1 POR   Evan Bush
2 DEF   Ambroise Oyongo
3 DEF   Eric Miller
5 MED   Dilly Duka
6 DEF   Hassoun Camara
7 DEL   Dominic Oduro
8 MED   Patrice Bernier
9 MED   Justin Meram
10 MED   Ignacio Piatti
11 DEL   Didier Drogba
13 DEL   Kenny Cooper
14 MED   Nigel Reo-Coker
15 MED   Andrés Romero
16 MED   Calum Mallace
17 DEL   Romario Williams
Posto País Xogador
18 MED   Kyle Bekker
21 MED   Justin Mapp
22 POR   Eric Kronberg
23 DEF   Laurent Ciman
24 DEL   Anthony Jackson-Hamel
25 DEF   Donny Toia
27 MED   Johan Venegas
28 MED   Jérémy Gagnon-Laparé
29 MED   Eric Alexander
33 MED   Marco Donadel
36 DEF   Víctor Cabrera
39 DEL   Cameron Porter
40 POR   Maxime Crépeau
51 MED   Maxim Tissot
55 DEF   Wandrille Lefèvre

Titulos editar

Notas editar