Un datum xeodésico ou sistema de referencia xeodésico é un sistema de coordenadas e un conxunto de puntos de referencia empregados para localizar lugar sobre a Terra ou en obxectos similares. Unha definición aproximada de nivel do mar é o datum WGS 84, un elipsoide, aínda que unha definición máis exacta é o Modelo Gravitacional da Terra 2008 (EGM2008), que emprega polo menos 2159 harmónicos esféricos. Definíronse outros datums para outras áreas ou noutras épocas. Así, o ED50 definiuse en 1950 para Europa e difire do WGS 84 en varios centos de metros dependendo do lugar.

Marca do datum na cidade de Chicago

Marte non ten océanos e polo tanto non existe un nivel do mar, mais deseñáronse polo menos dous datums para localizar lugares na súa superficie.

Os datums empréganse en xeodesia, navegación e cartografía, ademais de sistemas de navegación por satélite para trasladar posicións indicadas en mapas á súa posición real na Terra. Comézase cun elipsoide e defínense as coordenadas latitude, lonxitude e altitude. Un ou máis lugares sobre a superficie da Terra escóllense como puntos bases.

A diferenza en coordenadas entre datums adoita referirse como desprazamento do datum. Este desprazamento ppode variar dun lugar a outro nun país ou rexión, e pode variar entre cero e centos de metros (ou varios quilómetros para algunhas illas remotas). O Polo Norte, o Polo Sur e o Ecuador estarán en diferentes posicións en diferentes datums, xa que o norte verdadeiro será lixeiramente distinto. Datums diferentes empregan interpolacións diferentes para a forma e tamaño preciso da Terra.

Dado que a Terra é un elipsoide de referencia imperfecto, os datums localizados poden dar unha representación máis exacta da área que cobren que o WGS 84. Por exemplo, o OSGB36 é unha aproximación mellor ao xeoide nas illas Británicas que o WGS 84 global.[1] Porén, debido ao beneficio dun sistema global, o datum WGS84 está a aumentar a súa adopción.[2]

Os datums horizontais empréganse para describir un punto sobre a superficie da Terra en latitude e lonxitude ou outro sistema de coordenadas. Os datums verticais miden elevacións ou profundidades.

ExemplosEditar

NotasEditar

  1. "Geoid—Help | ArcGIS for Desktop". desktop.arcgis.com. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2017. Consultado o 23-01-2017. 
  2. "Datums—Help | ArcGIS for Desktop". desktop.arcgis.com. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2017. Consultado o 23-01-2017. 
  3. NAD
  4. krei@rmmdesign.com.au, Alex Craven (RMM Design). "GDA94 : Frequently Asked Questions". www.geoproject.com.au. Arquivado dende o orixinal o 15-08-2016. 
  5. "日本測地系2011(JGD2011)とは? - 空間情報クラブ". club.informatix.co.jp. 20-08-2015. Arquivado dende o orixinal o 20-08-2016. 
  6. "座標変換ソフトウェア TKY2JGD|国土地理院". www.gsi.go.jp. Arquivado dende o orixinal o 05-11-2017. 
  7. Yang, H.; Lee, Y.; Choi, Y.; Kwon, J.; Lee, H.; Jeong, K. (2007). "The Korean Datum Change to a World Geodetic System". AGU Spring Meeting Abstracts 2007: G33B–03. Bibcode:2007AGUSM.G33B..03Y. 
  8. 台灣地圖夢想家-SunRiver. "大地座標系統與二度分帶座標解讀 - 上河文化". www.sunriver.com.tw. Arquivado dende o orixinal o 20-18-2016. 
  9. Analysis of Conversion Method and Map Merging from BJS54 XA80 Surveying and Mapping Results to CGCS2000 Arquivado 18-09-2016 en Wayback Machine.
  10. "The transition to using the terrestrial geocentric coordinate system "Parametry Zemli 1990" (PZ-90.11) in operating the GLObal NAvigation Satellite System (GLONASS) has been implemented". www.glonass-iac.ru. Arquivado dende o orixinal o 07-09-2015. 
  11. 11,0 11,1 "Use of international references for GNSS operations and applications" (PDF). unoosa.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22-12-2017. 
  12. Handbook of Satellite Orbits: From Kepler to GPS, Table 14.2
  13. BeiDou Navigation Satellite System Signal In Space Interface Control Document, Open Service Signal (Version 2.0) Arquivado 08-07-2016 en Wayback Machine. section 3.2
  14. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-01-2017. Consultado o 19-08-2016. 
  15. "General concepts". itrf.ensg.ign.fr. Arquivado dende o orixinal o 04-12-2008. 
  16. "Vertical Datum used in China – Hong Kong – onshore". Arquivado dende o orixinal o 13-11-2012. 
  17. "Explanatory Notes on Geodetic Datums in Hong Kong" (PDF). geodetic.gov.hk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09-11-2016. Consultado o 19-08-2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar