Dash Shaw, nado no barrio de Hollywood (Os Ánxeles) o 6 de abril de 1983, é un autor de cómic estadounidense. É autor das novelas gráficas Love Eats Brains (Odd God Press), GardenHead (Meathaus), The Mother's Mouth (Alternative Comics), Bottomless Belly Button (Fantagraphics) e BodyWorld (Pantheon Books).

Infotaula de personaDash Shaw

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSchool of Visual Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDesenhar (pt) Traducir, Animación e historieta Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , artista visual , animador , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webdashshaw.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 173ba21a-d1ad-42bb-8e50-2565b9bdbbc3 Editar o valor em Wikidata

Pequenas obras súas apareceron en diferentes escolmas, periódicos e revistas. No 2005 publicouse GoddessHead, unha recompilación de obras súas de banda deseñada, publicada por Hidden Agenda Press. Os seus cómics son coñecidos pola énfase no factor emocional, a lóxica lírica e o deseño innovador.. En 2002 foi un dos dez artistas seleccionados no Small Press Expo. Tamén escribe poesía e teatro con James Blanca no grupo weirdo pop Love Eats Brains!, e coescribiu e actuou en varias curtametraxes.

Traxectoria editar

En 1985 mudouse coa súa familia a Richmond (Virxinia). Comezou a crear cómics aos catro anos, deseñando a partir de debuxos do seu pai, mantendo desde entón un mesmo enfoque sobre a forma. Comezou autopublicando no instituto, amais de facer ilustracións en "InSync", o desaparecido suplemento de Richmond Times-Dispatch. Pasou medio ano da súa etapa no instituto en Nagoya (Xapón), e en 2005 graduouse na School of Visual Arts en Manhattan na especialidade de cómics e ilustración.

Desde a súa etapa na Universidade publicou historias breves por capítulos en diversas publicacións. A novela gráfica Bottomless Belly Button foi publicada por Fantagraphics en xuño de 2008[1].

Notas editar

  1. Bottomless Belly Button en Fantagraphics.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar