Darío Barrio Domínguez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1972 e finado en Segura de la Sierra, Xaén o 6 de xuño de 2014, foi un afamado cociñeiro dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión Todos contra el Chef, de Cuatro. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Caseríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.[1]

Infotaula de personaDarío Barrio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xuño de 2014 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Cortijos Nuevos, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Caída de altura Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaTejadilla Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónchef , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2093162 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en Granada e tres anos en As Palmas de Gran Canaria) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de Donostia, Santander, Xirona e Madrid (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).[2] Tralos seus estudos en España viaxou por diferentes países de Europa e Estados Unidos durante un período de case 13 anos, cociñando en Zúric, Londres, Bordeos e Pensilvania.

Posuía o restaurante Dassa Bassa en Madrid desde xuño de 2004, no que ademais exercía de cociñeiro.

Faleceu en accidente o 6 de xuño de 2014, no transcurso da primeira xornada da XV Edición do «Festival Internacional de Cine del Aire El Yelmo» de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra.[3] Precisamente o acto era unha homenaxe a Álvaro Bultó, falecido nas mesmas circunstancias dez meses antes.[4]

Estaba separado de Itziar Ortega e tiña dous fillos varóns con ela, Telmo e Lucas.[5][6][7]

Televisión editar

Premios editar

  • (2008) Premio ao Home do ano pola revista Men´s Health.
  • (2006) Premio Aura ao impulso gastronómico
  • (2005) Premio Restaurante Revelación en La luna de Metrópoli.
  • (2005) Premio ao Restaurante Revelación en Madrid Fusión
  • (2002) Segundo clasificado no VIII Campionato de Cociñeiros da Comunidade de Madrid.
  • (2001) Primeiro clasificado no VIII Campionato Oficial de Cociña da Comunidade de Madrid.
  • Premio Amer á Iniciativa Gastronómica.[8]

Obras editar

Notas editar

  1. Muere el cocinero Darío Barrio mientras practicaba salto base
  2. "Dassa Bassa". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2015. 
  3. Festival Internacional de Cine del Aire "El Yelmo"
  4. Muere el cocinero Darío Barrio
  5. "Semana". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2015. 
  6. Wire Image
  7. El Mundo
  8. "Premios de Dario Barrio". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2014. Consultado o 16 de decembro de 2015. 
  9. Casa del Libro
  10. Casa del Libro

Véxase tamén editar