Danzón
O danzón é un xénero bailábel de orixe cubana derivado da danza crioula e creado polo compositor matancero Miguel Failde Pérez en 1879. Forma parte da música tradicional de Cuba e tamén da de México.
Historia
editarO nome deste xénero musical non é máis que o aumentativo de danza, aquel baile colectivo de figuras. Na segunda metade do século XIX a danza crioula estaba moi de moda; cristalízase entre fins do século XIX e principios do XX. En Cuba interprétase con maioría de instrumentos de vento, con piano, frauta, violíns e percusión. En México agregáronse saxofóns ás orquestras de danzón - denominadas danzoneras -, e tamén o xénero é interpretado por mariachis e marimbas.
En 2013, o danzón foi declarado patrimonio inmaterial de Cuba.[1]
Notas
editar- ↑ "Declaran al baile nacional de cuba, el danzón, 'Patrimonio Inmaterial'" (en castelán). 25 de novembro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2021.