Daniel Sturla
Daniel Fernando Sturla Berhouet, S.D.B., nado en Montevideo o 4 de xullo de 1959, é un cardeal e arcebispo católico latino uruguaio.[1]
Daniel Fernando Sturla Berhouet | |
---|---|
![]() Cardeal Daniel Sturla, 2021. | |
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 4 de xullo de 1959 en Montevideo, Uruguai |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 21 de novembro de 1987 |
Consagración episcopal | 4 de marzo de 2012, por Nicolás Contugno Fanizzi |
Creado cardeal | 14 de febreiro de 2015, por Francisco |
Arcebispo metropolitano de Montevideo Cardeal-Presbítero de Santa Galla | |
2014 - actualidade | |
Predecesor | Nicolás Contugno Fanizzi |
Outros | |
![]() Escudo de Daniel Fernando Sturla Berhouet | |
Servir al Señor con alegría | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Naceu o 4 de xullo de 1959 en Montevideo. O 31 de xaneiro de 1980 entrou na Sociedade de San Francisco de Sales, e o 21 de novembro de 1987 foi ordenado sacerdote.
O 10 de decembro de 2011 o papa Bieito XVI nomeouno bispo auxiliar de Montevideo e bispo titular de Phlebes. Recibiu a consagración episcopal o 4 de marzo de 2012, de mans do arcebispo Nicolás Cotugno Fanizzi, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de San José de Mayo Arturo Fajardo e ao bispo auxiliar de Montevideo Milton Tróccoli.
O 11 de febreiro de 2014 foi nomeado arcebispo de Montevideo. O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Galla.
NotasEditar
- ↑ "Entrevista al arzobispo Sturla". El País. 16-2-2014. Arquivado dende o orixinal o 18-03-2015. Consultado o 02-03-2015.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Nicolás Cotugno Fanizzi |
Arcebispo de Montevideo dende 2014 |
Sucesor: (no cargo) |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |