Daniel Everett

lingüista estadounidense
(Redirección desde «Daniel L. Everett»)

Daniel L. Everett, nado en Holtville, California, en 1951[1] é un lingüista estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a lingua pirahã no estado brasileiro de Amazonas desde 1977.[2] Everett afirma que tal lingua tería elementos que contradín a gramática universal defendida e reformulada por Noam Chomsky e o seu grupo de estudo.

Infotaula de personaDaniel Everett

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Holtville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMoody Bible Institute (en) Traducir
Universidade Estadual de Campinas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseCharlotte Galves (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua pirahã, gramática xenerativa e Recursividade Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , escritor , profesor universitario , misioneiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBentley University (en) Traducir
Illinois State University (en) Traducir
Universidade de Manchester
Universidade de Pittsburgh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, Lingua pirahã, lingua portuguesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoEdward Albert Fletcher Gibson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webdaneverettbooks.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: amazonrambler BNE: XX5435282 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Daniel L. Everett chegou ao Brasil a través do Summer Institute of Linguistics, un grupo dedicado ao estudo lingüístico e á tradución da Biblia, e entrou en contacto co pobo Pirahã, que carece dunha mitoloxía relixiosa[3] e son ateos, e desconfiaban da evanxelización ao preguntarlle a Everett se coñecera directamente a Xesús de Nazaret.[4]

A lingua dos Pirahã ten varias características distintivas: non ten palabras para números nin cores[5] e inclúe un sistema de "evidencialidade", onde sufixos ou partículas indican se a información provén de experiencia directa, rumor ou dedución. Por exemplo, ao falar dun burato nun bote, un falante pirahã pode dicir "sei que o bote afundiu" e usar eses sufixos para especificar se o sabe porque o viu directamente, porque llo dixo alguén ou porque o deduce ao ver o burato.[4]

Nunha das súas expedicións á Amazonía, en 1993, tivo contacto cunha lingua nova que non tiña sido descrita pola linguïstica occidental, a "Oro Win", que é das poucas que usan o fonema dental, bilabial, africado: [t͡ʙ̥].​​[6]

Daniel Everett asegura que é ateo despois de vivir durante anos con culturas tan diferentes.[7]

  1. Curriculum Vitae[Ligazón morta]
  2. "Everett, Daniel L.". Turner Libros (en castelán). Consultado o 2024-07-22. 
  3. Eventualmente, falan de algúns "espíritos menores" que poden rondar, sen rasgos de divindade.
  4. 4,0 4,1 Everett, Daniel Leonard (2008). Don't sleep, there are snakes : life and language in the Amazonian jungle. New York : Pantheon Books. ISBN 978-0-375-42502-8. 
  5. Que non teñan palabras para cores específicas non implica que non os distingan. Unha crítica á hipótese Sapir-Whorf baseouse na inexistencia da distinción entre laranxa e amarelo dun pobo, pero comprobouse que si os diferenciaban, aínda que a falta de concepto de seu afectaba ás lembranzas. Os pirahã alén de non teren palabras para os números, tampouco teñen un concepto de aritmética.
  6. "El código de la Amazonia (la Gramática de la Felicidad)". RTVE.ES - Docufilia (en castelán). 2014-02-25. Consultado o 2024-07-22. 
  7. "Após-trabalho-com-indios-no-Amazonas-missionario-evangelico-vira-cientista-ateu". www1.folha.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2024-07-22. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.