Daniel Calzado

xornalista e político galego
(Redirixido desde "Daniel Calzado Poceiro")

Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1891 e finado en Buenos Aires o 11 de novembro de 1972, foi un xornalista e político galego.

Daniel Calzado
Nacemento1891
 Tomiño
Falecemento11 de novembro de 1972
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1911 marchou a Buenos Aires, onde colaborou coa asociación de residentes de Tomiño. Uns anos antes da instauración da República retornou a Tomiño e participou na fundación de sociedades de agricultores, estando presente na Federación Agraria Municipal de Tomiño e na Federación Agraria de Tui. Foi director de El Agro de Tomiño. Tamén organizou e presidiu a Asociación La Aurora del Porvenir. Na República foi elixido concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tomiño en 1931 e despois da dimisión de Ramiro Moure Moure en outubro dese ano foi elixido alcalde. Permaneceu no cargo ata 1934.

Trala derrota das forzas republicanas, volveu a Buenos Aires e fundou varias organizacións políticas e culturais. Participou no Consello de Galiza e na asemblea de 1965 foi elixido Presidente da Comisión de Finanzas. Ocupou varios cargos na Agrupación “Celta” do Centro Galego.


Predecesor:
Ramiro Moure Moure
  
Alcalde de Tomiño
 
1931 - 1934
Sucesor:
Manuel Vicente Alonso

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Jorge Pereira, Natalia. Deputación Provincial, ed. "As escolas indianas en Tomiño" (PDF). De Pontevedra: 107–116. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2012. 

Ligazóns externasEditar