Dani Bouzas
futbolista español
Daniel Bouzas Pan, nado en Arteixo o 21 de xaneiro de 1974, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de mediocentro.
Dani Bouzas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 21 de xaneiro de 1974 | ||
Lugar de nacemento | Arteixo | ||
Posición | dianteiro | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Fixo o seu debut no fútbol profesional en 1994 co Sporting de Xixón despois de pasar polas súas categorías inferiores. Despois de dúas tempadas moi irregulares ficha en xaneiro de 1997 polo Albacete Balompié de Segunda División
No ano 1999 ficha polo Rayo Vallecano pero so disputa cinco encontros nos dous anos que está en Madrid e tras unha cesión ao Toledo ficha polo Castellón. Despois pasa por equipos da Segunda División, Segunda División B e Terceira, destacando o Logroñes, Linares e Deportivo Alavés. Retírase no ano 2011 no Móstoles.
Equipos editar
Ano | Club | Encontros/goles |
---|---|---|
1993-1994 | Fuenlabrada | |
1994-1995 | Sporting de Xixón B | 22/1 |
1994-1996 | Sporting de Xixón | 52/1 |
1997-1999 | Albacete Balompié | 50/4 |
1999-2001 | Rayo Vallecano | 5/0 |
2000-2001 | Toledo | 14/2 |
2001-2002 | Castellón | 29/2 |
2002-2004 | Logroñés | 67/14 |
2004-2009 | Linares | 163/5 |
2009-2010 | Deportivo Alavés | 27/4 |
2010-2011 | Móstoles | 30/4 |