Día da Liberación - Países Baixos

Bevrijdingsdag (en neerlandés), Día da Liberación (en galego), día festivo nos Países Baixos, celébrase o 5 de maio de cada ano para conmemorar a capitulación dos alemáns nos Países Baixos o 5 de maio de 1945, vén precedida polo Nationale Dodenherdenking (Día Nacional de Conmemoración dos Mortos) que se celebra o 4 de maio para lembrar todos os caídos neerlandeses en guerras e misións de paz desde a fin da segunda guerra mundial.

Unha rúa de Dokkum engalanada con bandeiras con motivo do Bevrijdingsdag
Bevrijdingsfestival de Zwolle de 2010

Contexto histórico editar

O 4 de maio de 1945 o almirante alemán Hans-Georg von Friedeburg rendeu en Lüneburg as tropas baixo o seu mando, estacionadas no noroeste de Alemaña, Países Baixos, Dinamarca ao xeneral británico Bernard Montgomery. Porén a capitulación nos Países Baixos tivo lugar ao día seguinte, cando se reuniron o xeneral canadense Charles Foulkes, o xeneral alemán Johannes Blaskowitz e o príncipe Bernardo de Lippe-Biesterfeld comandante da Binnenlandse Strijdkrachten no Hotel de Wereld para trataren os efectos da capitulación nos Países Baixos, Blaskowitz pediu 24 horas para considerar os termos, aínda que oficialmente as tropas alemás rendéranse oficialmente ese día ás oito da mañá[1]. Un día despois, o 6 de maio[2], asinábanse os termos detallados da capitulación dos alemáns nos Países Baixos nunha granxa de Nude no concello de Wageningen.

Festa Nacional editar

Tras a liberación conmemorouse durante cinco anos o 5 de maio. En 1990 declarouse Festa Nacional, é un día non laborable na administración central e nas administracións locais pero en moitas empresas trabállase ese día por vir marcado como tal no convenio colectivo, nas pequenas empresas sen convenio é o empresario quen decide se dá descanso aos traballadores. A celebración nacional do día acontece en Ámsterdan e nas doce capitais de provincia organizada en colaboración co Comité Nacional do 4 e 5 de maio, pero en moitos outros lugares hai festexos, son famosos os de Wageningen, o de Zwolle e o Bevrijdingspop de Haarlem.

Notas editar

  1. Werner Warmbrunn The Dutch under German occupation, 1940-1945, p. 18
  2. M. J. van Dam Gouda in de Tweede Wereldoorlog, 2006, páxina 262