Día da Comunidade de Madrid
O Día da Comunidade de Madrid celébrase cada 2 de maio. É o día oficial da Comunidade Autónoma de Madrid, Reino de España.
Con ela, conmemórase o levantamento do 2 de maio de 1808, No que o pobo de Madrid colleu as armas para se rebelar contra a ocupación francesa de Madrid e para expulsar este exército da cidade, o cal estaba a invadir gran parte da Península Ibérica. Este evento foi o primeiro da Guerra da Independencia española.
Centenario
editarEn 1908 houbo eventos especiais na conmemoración presidida polo rei Afonso XIII por mor do centenario do alzamento.[1][2]
Bicentenario
editarNas festas do 2 de maio do 2008 celebráronse diversas actividades culturais na capital e foran realizadas unha ofrenda con flores aos caídos en 1808 no Cemiterio da Florida, un desfile na Porta do Sol, unha colocación dunha coroa de flores ás placas conmemorativas como agradecemento a todos aqueles que loitaran o día 2 de maio de 1808, como tamén os cidadáns que axudaran as vítimas do ataque de 11 de marzo de 2004, e unha cerimonia na sede da Presidencia da Comunidade de Madrid.
Notas
editar- ↑ http://www.fiestas-de-madrid.com/fiestas-2-mayo.htm Arquivado 01 de maio de 2016 en Wayback Machine. 2 de maio de 2016
- ↑ A capital terá 14 festivos en 2016 co traslado da festa de San Isidro ao luns http://www.abc.es/madrid/20151001/abci-madrid-16festivos-isidro-201509301103.html%7Cdata=01/10/2015[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día da Comunidade de Madrid |