Día Mundial do Patrimonio Audiovisual
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas cada ano o 27 de outubro celebra o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual.
Celebración
editarEn 2005 a Conferencia Xeral da Unesco, na súa 33ª reunión, aprobou a Resolución 33 C/53 pola que se proclamou o 27 de outubro de cada ano Día Mundial do Patrimonio Audiovisual para conmemorar a aprobación da súa 21ª reunión (1980), da Recomendación sobre a Salvagarda e a Conservación das Imaxes en Movemento.[1]
Os documentos audiovisuais, como películas, programas de radio e televisión, gravacións de audio e vídeo, conteñen os rexistros primarios dos séculos XX e XXI. Transcendendo o idioma e as fronteiras culturais, apelando de inmediato á vista e ao oído, ao alfabetizado e á analfabeta, os documentos audiovisuais transformaron a sociedade ao pasar a ser un complemento permanente da constancia escrita tradicional.
Todo o patrimonio audiovisual mundial está en perigo; non pode dicirse que se preservara en ningunha parte. Mais, grazas a iniciativas como o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual e o Programa Memoria do Mundo, impúlsase o valioso labor dos profesionais da preservación para xestionar os aspectos técnicos, políticos, sociais e financeiros, entre outros, que ameazan a salvagarda do patrimonio.
Neste contexto, a Conferencia Xeral aprobou en 2005 a conmemoración dun Día Mundial do Patrimonio Audiovisual como mecanismo para concienciar o público sobre a necesidade de tomar medidas urxentes e recoñecer a importancia dos documentos audiovisuais como parte integrante da identidade nacional.
Temas do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio Oficial do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual
- Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO)
- Día Mundial do Patrimonio Audiovisual (Ficheiros)
- Proxección gratuíta do filme Metrópole para celebrar o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual (en inglés)
- Sitio web oficial do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2011 (CCAAA)
- Sitio web oficial do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual 2010 (CCAAA)
- Informe do Director Xeral sobre as consecuencias da proclamación
dun Día Mundial do Patrimonio Audiovisual (1º de setembro de 2006) - Colección de filmes e material radiofónico
- Recursos - Multimedia (UNESCO)
- Definicións e termos - UNESCO
- Documentos e publicacións - UNESCO
- Multimedia da ONU