Día, Grecia
Día (en grego Δíα) é unha illa situada a algúns quilómetos ao norte de Candia, a capital de Creta. A illa, actualmente está deshabitada, e é unha reserva de cabras salvaxes. Administrativamente, Día forma parte da comunidade de Elaia dentro da unidade municipal de Gouves, unidade rexional de Heraklion, no municipio de Elias.
Día | |
---|---|
Δíα | |
![]() | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Periferias de Grecia | Illa de Creta |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 35°27′N 25°13′L / 35.450, -25.217Coordenadas: 35°27′N 25°13′L / 35.450, -25.217 |
Xeografía | |
Superficie | 11´909 km² |
Longura máxima | 6 km. |
Largura máxima | 4´5 km. |
Punto máis alto | 268 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada (2011) |

Xeografía Editar
De forma vagamente cuadrangular, a illa ten unha lonxitude de 6 km e unha anchura de 4´5. Cunha superficie de 12 km², é a illa máis grande do litoral cretense.
O illote parécese a un lagarto xigante cando se ve desde a cidade de Heraklion. Tamén conta unha lenda que un lagarto xigante tratou de destruír a illa de Creta, pero Zeus converteuno en pedra cun raio, creando así a illa.
Historia Editar
Segundo a mitoloxía grega, Teseo faría escala alí logo de matar ao Minotauro. Alí abandonou a Ariadna antes de partir cara a Atenas.
A illa era coñecida anteriormente como Standia, por perda conxuntura na frase στήν Δία.
Foi o principal porto de Creta durante séculos.[1]
Hai importantes vestixios da época minoica, o que podería facer pensar que Día era un centro importante.
Proteción Ambiental Editar
Día é parte da Rede Europea da Natureza (Rede Natura 2000) e é un coto de caza para investigación.[2]
Porto antigo Editar
En 1976, Jacques Cousteau levou a cabo a exploración submarina ao redor de Día e atopou restos dun antigo porto nas augas entre Heraklion e Día.[3]
Referencias Editar
- ↑ T.A.B. Spratt, Travels and Researches in Crete, 1:35 (1865)
- ↑ Δίκτυο Natura 2000 Protected areas
- ↑ "The shipwreck of the French vessel "La Therese" (1669)". Greekislands.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2016.(en inglés)
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día, Grecia |