Década de -690
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VII | |||||
| |||||
|
699 a.C.
- Artigo principal: -699.
- Reinado de Hallustush-Inshushinak, rei de Elam (fin en -693).
- Reinado de Assur-nadin-shumi, rei de Babilonia (fin en -694).
- Reinado de Manasés, rei de Xudá (fin en -645).
696 a.C.
- Artigo principal: -696.
- Destrución de Tarso polos asirios.
- Inicio do reinado de Zhou Huanwang terceiro rei dos Zhou Orientais na China (fin en -681).
- Pantacles, campión de Atenas nos Xogos Olímpicos (-696 e -692).
695 a.C.
- Artigo principal: -695.
- Os cimerios, pobo tracio da zona do mar de Azov, devastan Frixia (rexión do centro de Asia Menor).
694 a.C.
- Artigo principal: -694.
- Reinado de Mushesib-Marduk, rei de Babilonia.
- Senaquerib ataca por mar aos caldeos do Bît Iakîn refuxiados nas cidades elamitas. Hallustush-Inshushinak, rei de Elam, reaccina deseguido, invade Babilonia e apodérase de Sippar. Os babilonios entréganlle a Ashur-nadin-shumi, que, levado a Elam, desaparece. O elamita pon no trono a un dos seus protexidos, que, expulsado polos asirios, será substituído por un príncipe caledeo escollido polo pobo: Mushesib-Marduk.
693 a.C.
- Artigo principal: -693.
- Para combater contra Elam, o rei Senaquerib, de Asiria, fai construír unha frota con axuda de fenicios e chipriotas.
692 a.C.
- Artigo principal: -692.
- Reinado de Humban-nimena, rei de Elam (fin en -687).
- Os babilonios que se rebelaran mercan a xuda de Humban-nimena de Elam contra Asiria.
- Pantacles, campión de Atenas nos Xogos Olímpicos por segunda vez (-696).
691 a.C.
- Artigo principal: -691.
- Senaquerib é vencido polos elamitas en Haloulé, no río Tigris.
690 a.C.
- Artigo principal: -690.
- Primeira guerra de Mesenia (fin en -670), datada tradicionalmente, segundo Pausanias de -743/-724. Conquista da chaira de Mesenia por Esparta.
- Fin do reinado de Chabataka.
- Inicio do reino de Taharqa (fin en -664).
- O rei asirio Senaquerib marcha sobre Exipto pero debe retirarse, pois a peste acadou o seu exército.
- Primeiras inscricións en lingua etrusca. O alfabeto derívase do grego. O primeiro abecedario coñecido, inscrito no rebordo dunha taboíña de marfil de Marsiliana d’Albergna, leva 26 letras. As inscricións etruscas arcaicas só levan 22.