Débora Arango

artista colombiana

Débora Arango Pérez, nada en Medellín o 11 de novembro de 1907 e finada en Envigado o 4 de decembro de 2005, foi unha pintora expresionista e acuarelista colombiana. Transgresora na súa pintura, abordou a crítica social e política ademais de ser a primeira pintora colombiana en pintar espidos femininos.[1]

Infotaula de personaDébora Arango

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Medellín, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Envigado, Colombia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia de San Marcos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Nacional de Pintura, Escultura y Grabado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1393119 Find a Grave: 12620379 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Era filla de Castor María Arango Díaz e Elvira Pérez. A súa rebeldía comezou desde moi nena, cando en "complicidade" con algúns familiares vestía de home e saía a cabalgar, actividade censurada para as mulleres da época porque "iso era cousa de homes". Tamén dende nena mostrou boas actitudes pola pintura e a arte, anos despois ingresou ao Instituto de Belas Artes de Medellín. Foi alumna do mestre Eladio Vélez, quen lle ensinou os segredos do debuxo e do mestre Pedro Nel Gómez con quen aprendeu a dinámica da forma, a vitalidade do movemento e o colorido. Mentres tanto, na biblioteca da súa tía, descubriu os filósofos e escritores de todas as tendencias; por intermedio dos seus irmáns, estudantes de medicina, accedeu a libros de anatomía que lle permitiron o estudo do corpo humano.[1]

En 1937, expuxo acuarelas de paisaxes, animais e natureza morta, xunto ás súas compañeiras do taller de Nel Gómez. En 1938, apartouse do seu mestre e comezou a traballar soa, experimentando con espidos de tamaño natural e pintando escenas da vida real. Un ano despois participou na "Exposición de Artistas Profesionais" no Club Unión de Medellín[2][3]onde expuxo acuarelas e óleos, incluíndo dous espidos, un deles "Cantarina de Rosa": gañou o primeiro premio e o escándalo estalou. A sociedade política e intelectual repudiou a súa obra e cualificouna de sórdida, impúdica e pornográfica.

En 1946 viaxou a México para perfeccionar e estudar os muralistas; de regreso, en 1948, expuxo en Medellín, pero o seu espido, esta vez "La adolescencia" volveu escandalizar á sociedade e estivo a piques de ser excomungada polas reiteradas queixas que a liga da Decencia de Medellín elevou polo "inmoral" dos seus cadros.

  1. 1,0 1,1 "Débora Arango, pintora colombiana que escandalizó con sus cuadros de desnudos". elmundo.es (en castelán). 05 de decembro de 2005. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  2. Muñoz López, Pilar (xaneiro 2018). "Justicia. Débora Arango". Revista con la A (en castelán) (55). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2019. Consultado o 22 de abril de 2019. 
  3. Cortés (8 de marzo de 2018). "La mujer que marcó la diferencia en el arte colombiano". Colombia Aprende (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019.