Ciprinodontiformes

(Redirección desde «Cyprinodontiformes»)

Os Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes) son unha orde de peixes de aletas radiais, da superorde dos Acantopterixios (Acanthopterygii). Comprenden principalmente pequenos peixes de auga doce.

Ciprinodontiformes
Cyprinodontiformes
Lev Semiónovich Berg 1940 Editar o valor en Wikidata

Istancia detaxon Editar o valor en Wikidata
Categoría taxonómicaorde Editar o valor en Wikidata
Taxon superiorActinopterixios e Actinopteri Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
ITIS553130 Editar o valor en Wikidata
OTT338836 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Aphanius mesopotamicus

Existen especies ovíparas, vivíparas e ovovivíparas.

Características

editar

Son peixes de pequeno tamaño e formas variables, ás veces estrañas e caprichosas, moi populares para a cría doméstica nos acuarios. Entre as especies desta orde está o Heterandria formosa, de tan só 8 milímetros de lonxitude cando adultos.

A aleta caudal é simétrica. A liña lateral está formada por canais e poros na cabeza, mentres que ó longo do corpo é só unha liña de escamas apuntadas. Presentan un marcado dimorfismo sexual, estando os machos de moitas das especies brillantemente coloreados.

Distribución

editar

Habitan en ríos de América, África e Asia, e son quen de vivir en ambientes adversos, como augas salobres, moi cálidas, pouco osixenadas e, en xeral, en condicións ambientais ás que non se adaptan outros tipos de peixes. Adoitan ser omnívoros e vivir cerca da superficie, onde a auga é máis rica en osíxeno, o que compensa os inconvenientes ambientais.

Clasificación

editar

Divídense en dúas subordes e dez familias:

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar