Ciprinodóntidos

(Redirixido desde "Cyprinodontidae")

Os Ciprinodóntidos (Cyprinodontidae, Gill 1865) son unha familia de peixes teleósteos, incluídos na orde Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes).

Cyprinodon diabolis

CaracterísticasEditar

Son peixes pequenos (tallas máximas duns 22 cm) e están presentes en augas temperadas de tódolos continentes, salvo en Australia. Habitan en augas doces e salobres, rara vez na costa mariña (o Aphanius iberus é habitual tanto de ríos como de zonas salgadas).

A boca é apical e moi elevada respecto da cabeza. Presentan bandas verticais ó longo do corpo, dispostas de forma variable segundo a especie e o sexo do individuo, e pode converterse nun patrón de puntos máis ou menos alineados.

Os machos carecen do gonopodio, polo que son peixes ovíparos e de fecundación externa.

ClasificaciónEditar

Esta familia formaba parte, ata 1964, da orde Atheriniformes, data na que pasou a considerarse dentro dunha orde propia, a dos Cyprinodontiformes.

Divídense en dez xéneros con 119 especies (FishBase):

  • Xénero Aphanius
  • Xénero Cualac
  • Xénero Cubanichthys
  • Xénero Cyprinodon
  • Xénero Floridichthys
  • Xénero Garmanella
  • Xénero Jordanella
  • Xénero Lebias
  • Xénero Megupsilon
  • Xénero Orestias

En España están presentes tres especies, endémicas: Valencia hispanica, Aphanius baeticus e Aphanius iberus. As tres están en situación de risco de extinción, polas actividades antrópicas, especialmente a destrución dos seus hábitats e a introdución de especies exóticas, que actúan como predadoras ou como competidoras.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar