Profundulus

(Redirixido desde "Profundulidae")

Profundulus (Hubbs, 1924) ou, popularmente, escamudos, é un xénero de peixes de auga doce, único xénero da familia Profundulidae (Hoedmann e Bronner, 1951), incluída na orde Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Distribúense por ríos das vertentes atlántica e pacífica de Centroamérica, en México, Guatemala e Honduras.

Profundulus guatemalensis

CaracterísticasEditar

Posúen unha aleta dorsal con 1 a 3 radios rudimentarios e 10 a 16 radios principais, con escamas en series laterais de 31 a 39.

Son ovíparos con fecundación externa.

A súa cor verdosa con reflexos metálicos fai que sexan apreciados como especies de acuario.

ClasificaciónEditar

A familia Profundulidae comprende un único xénero con cinco especies:

  • Familia Profundulidae:
    • Xénero Profundulus:
      • Profundulus candalarius (Hubbs, 1924)
      • Profundulus guatemalensis (Günther, 1866)
      • Profundulus hildebrandi (Miller, 1950)
      • Profundulus labialis (Günther, 1866)
      • Profundulus punctatus (Günther, 1866)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar