Cyanocitta

xénero de aves

Cyanocitta é un xénero de aves da orde das paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos Corvida e superfamilia dos corvoideos e familia dos córvidos.[1][2][3]

Cyanocitta

Cyanocitta cristata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocitta
Strickland, 1845
Distribución das dúas especuies do xénero
Distribución das dúas especuies do xénero

Distribución das dúas especuies do xénero
Especies
Véxase o texrto

O xénero comprende dúas especies americanas amplamente distribuídas por Norteamérica e América Central.

Taxonomia editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1845 polo naturalista, ornitólogo, taxónomo e xeólogo inglés Hugh Edwin Strickland,[1][2][3] nun traballo publicado nas páxinas 260 e 261 de Ann. Mag. Nat. Hist. 15.[2]

Etimoloxía editar

O nome científico Cyanocitta está formado pola unión dos elementos cyano- e -citta, tirados das voces do grego antigo κυάνεος kyáneos, "azul escuro", e κιττα kitta, "pega" (paxaro).[4] Litarealmente, "as pegas de cor azul escura".

Especies editar

Na actualidade (2022) reconoñécense no xénero as seguientes dúas especies:[1][2][3]

Imaxe Nome científico Distribución
  Cyanocitta cristata Leste e centro dos Estados Unidos, e Terra Nova, Canadá.[5]
  Cyanocitta stelleri Oeste do Canadá, oeste das Montañas Rochosas en Estados Unidos, centro de México e Centroamérica.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Cyanocitta Strickland, 1845 no WoRMS. Consulatda o 27 de abril de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cyanocitta Strickland, 1845 no GBIF. Consultado o 27 de abril de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cyanocitta Strickland, 1845 no ITIS. Consultado o 27 de abril de 2022.
  4. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 126.
  5. Smith, Kimberley G.; Tarvin, Kevin A.; Woolfenden, Glen E. (2013-12-04). Poole, A. F., ed. "Blue Jay (Cyanocitta cristata)". The Birds of North America Online. Ithaca, New York: Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  6. Walker, L. E.; Pyle, P.; Patten, M. A.; Green, E.; Davison, W., Muehter, V. R. (2016): "Steller's Jay (Cyanocitta stelleri). En Rodewald, P. G., ed. The Birds of North America Online. Ithaca, New York: Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 27 de abril de 2022.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar