Curutos treboentos

novela de Emily Brontë

Curutos treboentos[1] (en inglés: Wuthering Heights), é a única novela de Emily Brontë, publicada en 1847 baixo o pseudónimo de Ellis Bell, co título orixinal en lingua inglesa de Wuthering Heights. A súa irmá Charlotte Brontë preparou unha segunda edición póstuma.

Curutos treboentos
Houghton Lowell 1238.5 (A) - Wuthering Heights, 1847.jpg
Portada da primeira edición de Wuthering Heights (1847).
Título orixinalWuthering Heights
Autor/aEmily Brontë
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United Kingdom.svg Thomas Cautley Newby
Data de pub.Flag of the United Kingdom.svg decembro de 1847
FormatoTapas duras e brandas
ISBNISBN 978-0-486-29256-8
TraduciónIván Sestay Martínez

CaracterísticasEditar

Aínda que a día de hoxe é considerado un clásico da literatura inglesa, a súa acollida non foi demasiado boa. A súa estrutura innovadora, que adoita compararse cun conxunto de bonecas de matryoshka, desconcertou aos estudosos da literatura nun primeiro momento. Algúns críticos contemporáneos á autora mesmo pensaron que este era un traballo menor e menos maduro de Charlotte, que xa publicara Jane Eyre nese mesmo ano baixo o pseudónimo Currer Bell. Os críticos posteriores levaron a cabo unha revisión de Curutos Treboentos e coincidiron en que a súa orixinalidade excedía á dos traballos das irmás de Emily, Charlotte e Anne.

Existen moitas adaptacións desta novela, incluíndo varios filmes, dramatizacións radiofónicas e televisivas, un musical, telenovelas e mesmo cancións[2].

NotasEditar

  1. Premios 2003 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, nos que aparece Curutos treboentos como tradución parcial de Wuthering Heights feita por Iván Sestay Martínez
  2. "Wuthering Heights", de Kate Bush, en YouTube.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar