Emily Brontë

Emily Brontë, nada en Thornton (West Yorkshire) o 30 de xullo de 1818[1] e finada en Haworth (Yorkshire) o 19 de decembro de 1848, foi unha escritora inglesa. A súa obra máis importante foi a novela Wuthering Heights (Curutos treboentos[2]), publicada en 1847 e considerada un clásico da literatura inglesa.

Emily Brontë
Emily Brontë by Patrick Branwell Brontë restored.jpg
AlcumeEllis Bell
Nacemento30 de xullo de 1818, 1818 e 30 de xullo de 1818
Lugar de nacementoThornton, West Yorkshire e The Brontë Birthplace
Falecemento19 de decembro de 1848, 1848 e 19 de decembro de 1848
Lugar de falecementoHaworth
Causatuberculose
SoterradaSt Michael and All Angels' Church, Haworth
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo inglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterCowan Bridge School e Pensionnat de Demoiselles
Ocupaciónpoeta, novelista, escritora, mestra e institutriz
PaiPatrick Brontë
NaiMaria Branwell
IrmánsPatrick Branwell Brontë, Charlotte Brontë, Anne Brontë, Elizabeth Brontë e Maria Brontë
Coñecida porCurutos treboentos e Poems by Currer, Ellis, and Acton Bell
Na rede
IMDB: nm0111577 Allocine: 35433 TCM: 767838 Metacritic: person/emily-bronte TV.com: people/emily-bronte IBDB: 10051
Musicbrainz: 825f3f25-aa83-4799-b69d-9b1cbb730f18 Discogs: 1526869 IMSLP: Category:Brontë,_Emily Allmusic: mn0001574730 WikiTree: Brontë-6 Find a Grave: 1709 Genius: Emily-bronte Editar o valor em Wikidata
Brontë sisters' signatures as Currer, Ellis and Acton Bell.jpg
editar datos en Wikidata ]
Retrato pintado polo seu irmán Branwell

TraxectoriaEditar

Emily foi a quinta de seis irmáns (un rapaz e cinco mulleres, entre elas Charlotte e Anne). En 1820 a familia trasladouse a Haworth, onde o seu pai foi nomeado párroco da Igrexa anglicana. A súa nai morreu o 21 de setembro de 1821, e en agosto de 1824 Charlotte e Emily foron enviadas canda as súas irmás máis vellas, Mary e Elizabeth, ao colexio de Clergy Daughters, en Cowan Bridge (Lancashire), onde caeron enfermas de tuberculose. Mary e Elizabeth volveron enfermas a Haworth e morreron en 1825, polo cal a familia sacou a Charlotte e Emily do internado. Neste colexio inspirouse Charlotte Brontë para describir o sinistro centro Lowood que aparece na novela Jane Eyre.

En 1838 Emily comezou a traballar como gobernanta en Law Hill, preto de Halifax. Máis tarde, de novo canda á súa irmá Charlotte, foi a un colexio privado en Bruxelas, até que regresou a Inglaterra trala morte da súa tía. Emily quedou a partir de entón como administradora da casa familiar.

En 1846 Charlotte descubriu por casualidade as poesías que escribía a súa irmá Emily. Xunto a Anne, as tres irmás Brontë decidiron publicar un libro de poesía conxunto. Para evitar os prexuízos sobre as mulleres escritoras, as tres utilizaron pseudónimos masculinos (Currer, Ellis e Acton Bell). As poesías de Emily son as de máis calidade. As de Anne, aínda que non de tan alto nivel, son tamén superiores ás de Charlotte, cuxo talento era esencialmente novelesco. Vendéronse só dous exemplares do libro, que pasou inadvertido; porén, as irmás non se desanimaron e decidiron escribir unha novela cada unha.

En 1846 publicouse Wuthering Heights, un clásico da literatura inglesa a pesar de que inicialmente, debido á súa innovadora estrutura, desconcertou á crítica. A obra foi levada varias veces ao cine, se ben a adaptación máis valorada é a dirixida en 1939 por William Wyler, con Laurence Olivier, Merle Oberon e David Niven como actores principais. En 1953 Luis Buñuel fixo unha adaptación máis fiel.

Emily, de saúde fraxil, morreu de tuberculose logo de coller un arresfriado en setembro no funeral do seu irmán. Foi soterrada na igrexa de San Miguel de Todos os Santos en Haworth.

NotasEditar

  1. Manrique Sabotal, Winston (30-07-2018). "Emily Brontë, 200 años de desafío y vigencia de una autora clásica". elpais.com. Consultado o 30-07-2018. 
  2. Tradución parcial de Iván Sestay Martínez, segundo "Premios 2003 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo", artigo en Cultura Galega

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.