Civilización do val do Indo

(Redirección desde «Cultura do val do Indo»)

A civilización do val do Indo foi unha civilización da Idade de Bronce orixinaria da rexión noroesee do subcontinente indio, que durou dende o 3300 até o 1300 a.C., sendo a súa fase de maior madureza entre 2600 e 1900 a.C.[1][2][1] Xunto co Antigo Exipto e Mesopotamia, foi unha das tres civilizacións máis antigas, e das tres, foi a que alcanzou unha maior área de influencia, dende o nordeste de Afganistán, a través de gran parte de Paquistán até o oeste e noroeste da India.[3][4][3] Floreceu na conca do río Indo, que flúe ó longo de Paquistán, e ó longo dun sistema de ríos perennes, na súa maioría alimentados por monzóns, que outrora discorrían preto do estacional río Ghaggar-Hakra, no noroeste da India e leste de Paquistán.[1][5]

Extensión da civilización do val do Indo entre os anos 2900 e 1900 a.C..
Ruínas escavadas de Mohenjo-daro, na provincia de Sindh, en Paquistán, cos grandes baños ó fondo. Mohenjo-daro, na beira dereita do río Indo, é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, sendo o primeiro sitio do sur de Asia en ser declarado.

As cidades desta civilización caracterizábanse pola súa planificación urbana, casas de ladrillo cocido, complexos sistemas de drenaxe, sistemas de subministración de auga, grupos de grandes edificios non residenciais, e novas técnicas de artesanía (produtos de cornalina) e metalurxia (cobre, bronce, chumbo e estaño).[6] As grandes cidades de Mohenjo-daro e Harappa chegaron a ter entre 30 000 e 60 000 habitantes,[7][8][7] e a propia civilización durante o seu momento de máximo apoxeo puido ter entre un e cinco millóns de habitantes.[9][10][9] O gradual secado do terreo durante o terceiro milenio a.C. foi o estímulo inicial para a urbanización asociada a esta civilización, mais eventualmente tamén reduciu a subministración de auga, causando a desaparición da civilización, e a dispersión da poboación cara ó leste.[11][12][5][13]

  1. 1,0 1,1 1,2 Wright 2009, p. 1.
  2. Wright: "Mesopotamia and Egypt ... co-existed with the Indus civilization during its florescence between 2600 and 1900 BC."
  3. 3,0 3,1 Wright 2009.
  4. Wright: "The Indus civilisation is one of three in the 'Ancient East' that, along with Mesopotamia and Pharaonic Egypt, was a cradle of early civilisation in the Old World (Childe 1950). Mesopotamia and Egypt were longer lived, but coexisted with Indus civilisation during its florescence between 2600 and 1900 B.C. Of the three, the Indus was the most expansive, extending from today's northeast Afghanistan to Pakistan and India."
  5. 5,0 5,1 Giosan et al. 2012.
  6. Wright 2009, pp. 115–125.
  7. 7,0 7,1 Dyson 2018, p. 29.
  8. Dyson: "Mohenjo-daro and Harappa may each have contained between 30,000 and 60,000 people (perhaps more in the former case). Water transport was crucial for the provisioning of these and other cities. That said, the vast majority of people lived in rural areas. At the height of the Indus valley civilization the subcontinent may have contained 4-6 million people."
  9. 9,0 9,1 McIntosh 2008, p. 187.
  10. McIntosh: "The enormous potential of the greater Indus region offered scope for huge population increase; by the end of the Mature Harappan period, the Harappans are estimated to have numbered somewhere between I and 5 million, probably well below the region's carrying capacity."
  11. Madella & Fuller 2006.
  12. MacDonald 2011.
  13. Brooke 2014.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar