Cromosoma 8
O cromosoma 8 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas células diploides temos dúas copias deste cromosoma autosómico e nas haploides só unha. Pola posición do seu centrómero é un cromosoma submetacéntrico. O cromosoma 8 comprende 145 millóns de pares de bases e representa entre o 4,5 e o 5,0% do total de ADN da célula.[5]
Cromosoma 8 humano | |
---|---|
Cromosomas do par 8 humano con bandeado G. En cada individuo un dos cromosomas deste par procede da nai e o outro do pai. | |
Cromosoma do par 8 nun cariograma humano masculino. | |
Características | |
Lonxitude (bp) | 145,138,636 bp (GRCh38)[1] |
No. de xenes | 646 (CCDS)[2] |
Tipo | Autosoma |
Posición do centrómero | Submetacéntrico[3] (45.2 Mbp[4]) |
Lista completa de xenes | |
CCDS | Lista de xenes |
HGNC | Lista de xenes |
UniProt | Lista de xenes |
NCBI | Lista de xenes |
Visores de mapa externos | |
Ensembl | Cromosoma 8 |
Entrez | Cromosoma 8 |
NCBI | Cromosoma 8 |
UCSC | Cromosoma 8 |
Secuencias de ADN completas | |
RefSeq | NC_000008 (FASTA) |
GenBank | CM000670 (FASTA) |
Os dous brazos do cromosoma denomínanse 8p e 8q. O brazo curto 8p, comprende uns 45 millóns de pares de bases, e inclúe 484 xenes e 110 pseudoxenes; arredor do 8% destes xenes están implicados no desenvolvemento e función cerebral [6], e un 16% están implicados en cánceres. Unha característica peculiar do brazo 8p é unha gran rexión duns 15 megabases que parece ter unha alta taxa de mutación, e que mostra unha gran diverxencia entre humanos e chimpancés, o que suxire que a alta taxa de mutación desta rexión contribuíu á evolución do cerebro humano.[5]
A identificación dos xenes dun cromosoma é unha área moi activa da investigación xenética. Como se utilizan diferentes métodos para predicir o número de xenes dun cromosoma as cifras poden variar, pero estímase que o cromosoma 8 humano ten probablemente entre 700 e 1.000 xenes.
Xenes
editarAlgúns dos xenes localizados no cromosoma 8 son os seguintes:
- AEG1 : xene elevado do astrocito 1 (ligado ao carcinoma hepatocelular e ao neuroblastoma)
- Arc/Arg3.1: proteína asociada ao citoesqueleto regulada por actividade
- FGFR1: receptor 1 do factor de crecemento do fibroblasto (síndrome de Pfeiffer)
- GDAP1: proteína 1 asociada á diferenciación inducida por gangliósidos
- LPL: lipoproteína lipase
- MCPH1: microcefalia, primaria autosómica recesiva 1
- NDRG1: proteína NDRG1 cuxa mutación causa neuropatías
- NEF3: neurofilamento 3 (150kDa medio)
- NEFL: neurofilamento, polipéptido lixeiro 68kDa
- SNAI2: proteína con dedo de cinc que funciona como represor transcricional
- TG: tiroglobulina
- TPA: activador do plasminóxeno tisular
- VMAT1: proteína transportador monoaminas vesicular
- WRN: proteína da síndrome de Werner
- GULOP pseudoxene: responsable da incapacidade humana para producir vitamina C
Enfermidades asociadas
editarAlgunhas das enfermidades asociadas con mutacións nos xenes do cromosoma 8 son:
- síndrome da duplicación 8p23.1
- linfoma de Burkitt
- enfermidade de Charcot-Marie-Tooth
- enfermidade de Charcot-Marie-Tooth, tipo 2
- enfermidade de Charcot-Marie-Tooth, tipo 4
- beizo leporino (beizo e padal divididos)
- síndrome de Cohen
- hipotiroidismo conxénito
- deficiencia en lipoproteína lipase, familiar
- microcefalia primaria
- exostose múltiple hereditaria
- síndrome de Pfeiffer
- síndrome de Rothmund-Thomson ou poiquiloderma conxénito
- esquizofrenia, asociada co locus 8p21-22 [7][8][9]
- síndrome de Waardenburg
- síndrome de Werner
- cegueira Pingelapense
- síndrome de Langer-Giedion
- síndrome de Roberts
Trastornos cromosómicos
editarCambios na estrutura ou o número de copias do cromosoma 8 poden causar problemas de saúde e desenvolvemento. Entre eles están [10]:
- Cánceres. Translocacións entre o cromosoma 8 e outros cromosomas están asociados con varios tipos de cáncer. O linfoma de Burkitt pode estar causada por unha translocación entre os cromosomas 8 e 14 (t(8;14)(q24;q32)), e menos frecuentemente entre os cromosomas 8 e 2 ou entre o 8 e o 22.
- Síndrome de Langer-Giedion. É causado pola deleción ou mutación de varios xenes do brazo longo (q) do cromosoma 8 na posición 8q24.1, que afecta ao xene EXT1 responsable das exostoses que se ven na síndrome de Langer-Giedion, e ao xene TRPS1, que causa anormalidades faciais. Tamén poden estar implicados xenes veciños a eses dous.
- Síndrome 8 recombinante. É causado pola deleción dunha parte do brazo curto (p) e unha duplicación dunha parte do brazo longo (q), é dicir, rec(8)dup(8q)inv(8)(p23.1q22.1). A perda dalgúns xenes e o exceso de copias doutros causa a síndrome.
- Outras condicións cromosómicas. Pode darse a trisomía 8 en todas as células, que causa a morte do feto, ou unha trisomía nalgunhas células (trisomía 8 mosaico), a cal produce atraso mental, ausencia do corpo caloso do cerebro, defectos esqueléticos, problemas de corazón, riles e fígado, e anormalidades faciais e un aumento do risco de leucemia mielóxena.
- Inversión duplicación 8p. Afecta ao brazo curto (p) do cromosoma, que produce unha grave incapacidade intelectual, un corpo caloso delgado ou ausente, debilidade muscular (hipotonía), escoliose na columna vertebral, e algunhas anormalidades faciais e ás veces defectos no corazón, riles e ollos, e rixidez muscular.
Notas
editar- ↑ "Human Genome Assembly GRCh38 - Genome Reference Consortium". National Center for Biotechnology Information (en inglés). 2013-12-24. Consultado o 2017-03-04.
- ↑ "Search results - 8[CHR] AND "Homo sapiens"[Organism] AND ("has ccds"[Properties] AND alive[prop]) - Gene". NCBI. CCDS Release 20 for Homo sapiens. 2016-09-08. Consultado o 2017-05-28.
- ↑ Tom Strachan; Andrew Read (2 April 2010). Human Molecular Genetics. Garland Science. p. 45. ISBN 978-1-136-84407-2.
- ↑ Genome Decoration Page, NCBI. Ideogram data for Homo sapiens (850 bphs, Assembly GRCh38.p3). Última actualización 2014-06-03. Consulatado o 2017-04-26.
- ↑ 5,0 5,1 Tabarés-Seisdedos R, Rubenstein JL (2009). "Chromosome 8p as a potential hub for developmental neuropsychiatric disorders: implications for schizophrenia, autism and cancer". Mol Psychiatry 14 (6): 563–89. PMID 19204725. doi:10.1038/mp.2009.2.
- ↑ Nusbaum C; et al. (2006). "DNA sequence and analysis of human chromosome 8". Nature 439 (7074): 331–5. PMID 16421571. doi:10.1038/nature04406.
- ↑ Blouin JL, Dombroski BA, Nath SK; et al. (1998). "Schizophrenia susceptibility loci on chromosomes 13q32 and 8p21". Nat. Genet. 20 (1): 70–3. PMID 9731535. doi:10.1038/1734.
- ↑ Gurling HM, Kalsi G, Brynjolfson J; et al. (2001). "Genomewide genetic linkage analysis confirms the presence of susceptibility loci for schizophrenia, on chromosomes 1q32.2, 5q33.2, and 8p21-22 and provides support for linkage to schizophrenia, on chromosomes 11q23.3-24 and 20q12.1-11.23". Am. J. Hum. Genet. 68 (3): 661–73. PMC 1274479. PMID 11179014. doi:10.1086/318788.
- ↑ Suarez BK, Duan J, Sanders AR; et al. (2006). "Genomewide linkage scan of 409 European-ancestry and African American families with schizophrenia: suggestive evidence of linkage at 8p23.3-p21.2 and 11p13.1-q14.1 in the combined sample". Am. J. Hum. Genet. 78 (2): 315–33. PMC 1380238. PMID 16400611. doi:10.1086/500272.
- ↑ Genetic Home Reference Chromosome 8
- Gilbert F (2001). "Chromosome 8". Genet Test 5 (4): 345–54. PMID 11960583. doi:10.1089/109065701753617516.