Crocodilo do Nilo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
O crocodilo do Nilo (Crocodylus niloticus) é unha especie de saurópsidos (réptil) crocodilo da familia Crocodylidae. É unha das tres especies de crocodilos que habitan en África, e a segunda en tamaño no mundo, pois pode alcanzar os 6 m de longo e pesar máis de 1.000 kg.
Crocodilo do Nilo | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Crocodylus niloticus Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||
Distribución do crocodilo do Nilo
|
Pese ao que o seu nome podería dar a entender, non é exclusivo do Nilo, senón que habita en practicamente toda África subsahariana e na illa de Madagascar.
Pode medir ata cinco ou seis metros de longo. Vive en lagos e ríos de auga doce. Aliméntase de animais que se achegan a beber; arrástraos á auga e afógaos. O crocodilo retorcer dentro da auga para despezar á súa presa.
A súa cerimonia de cortexo é espectacular; o macho defende un treito de area, ruxindo a calquera intruso. Cando a femia séntese atraída polo ruído, o macho sacode o corpo e expulsa auga polas fosas nasais.
Aínda que como especie non se atopa en perigo de extinción, nalgúns países a poboación de crocodilos do Nilo corre un serio perigo de desaparecer a causa do terrible exterminio ocasionado polo ser humano.