Crocodylus
Crocodylus é un dos tres xéneros de crocodilos da subfamilia Crocodylinae da familia Crocodylidae.
Crocodylus Rango fósil: Mioceno tardío - Actual | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. palustris | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución mundial do xénero Crocodylus
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Ver texto |
Hai polo menos 12 especies vivas deste xénero, que son:
- Crocodilo americano, Crocodylus acutus
- Crocodylus intermedius
- Crocodilo australiano, Crocodylus johnsoni
- Crocodilo de Filipinas, Crocodylus mindorensis
- Crocodilo de Morelet ou crocodilo mexicano, Crocodylus moreletii
- Crocodilo do Nilo, Crocodylus niloticus
- Crocodilo de Nova Guinea, Crocodylus novaeguineae, con dúas poboacións ben diferenciadas
- Crocodilo das marismas ou crocodilo indio, Crocodylus palustris
- Crocodilo de auga salgada, Crocodylus porosus
- Crocodilo cubano, Crocodylus rhombifer
- Crocodilo siamés, Crocodylus siamensis
- Crocodilo do deserto ou crocodilo de África occidental, Crocodylus suchus, antes incluído en C. niloticus
Ademais,
- O crocodilo de fociño delgado, Crocodylus cataphractus, foi cambiado de xénero recentemente. Estudos de ADN e morfoloxía indican que esta especie pode ser máis basal que o xénero Crocodylus e, por tanto, é mellor clasificala no seu propio xénero, Mecistops.[1][2][3][4]
- Crocodylus raninus considérase un sinónimo de Crocodylus porosus e o seu status é pouco claro.[5]
O xénero contén tamén especies antigas fósiles. As especies establecidas inclúen polo menos seis especies extinguidas, que son:[4]
- † Crocodylus anthropophagus do Plioceno-Plistoceno e Tanzania.
- † Crocodylus bugtiensis de Paquistán
- † Crocodylus checchiai do Mioceno tardío de Kenya.
- † Crocodylus falconensis do Plioceno inicial de Venezuela.
- † Crocodylus palaeindicus do Mioceno ao Plistoceno do sur de Asia.
- † Crocodylus thorbjarnarsoni do Plioceno-Plistoceno de Kenya.
Filoxenia
editarO cladograma de abaixo segue a topoloxía dunha análise de 2011 de secuencias de ADN mitocondrial feito por Robert W. Meredith, Evon R. Hekkala, George Amato e John Gatesy.[3]
Crocodylus |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O seguinte claograma segue a topoloxía dunha análise de 2012 de trazos morfolóxicos feita por Christopher A. Brochu e Glenn W. Storrs. Moitas especies extintas de Crocodylus poderían pertencer a distintos xéneros. C. suchus non foi incluído, porque os seus códigos morfolóxicos eran idénticos aos de C. niloticus. Porén, os autores suxiren que isto podería ser explicado pola súa mostraxe de espécimes e consideran que as dúas especies son distintas.[4] Neste cladograma, os tomistominos, entre os que está o actual falso gavial ou gavial malaio (Tomistoma schlegelii) considéranse incluídos nos crocodílidos debido ás súas semellanzas morfolóxicas con Crocodylus, pero os estudos xenéticos indican que está emparentado cos gaviais e sería un gaviálido.
Crocodyloidea |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Evolución
editarCrese que o xénero Crocodylus se orixinou a partir dun antepasado que vivía na rexión Indo-Pacífica hai entre 9 e 16 millóns de anos.[6] Experimentaron unha radiación en África hai entre 8 e 12 millóns de anos. Isto foi seguido entre hai 4 e 8 millóns de anos dunha migración transatlántica por medio da cal chegaron a América.
Notas
editar- ↑ McAliley, Willis, Ray, White, Brochu & Densmore (2006). Are crocodiles really monophyletic?—Evidence for subdivisions from sequence and morphological data. Molecular Phylogenetics and Evolution 39: 16-32.
- ↑ Brochu, C. A.; Njau, J.; Blumenschine, R. J.; Densmore, L. D. (2010). "A New Horned Crocodile from the Plio-Pleistocene Hominid Sites at Olduvai Gorge, Tanzania". PLoS ONE 5 (2): e9333. PMC 2827537. PMID 20195356. doi:10.1371/journal.pone.0009333.
- ↑ 3,0 3,1 Robert W. Meredith, Evon R. Hekkala, George Amato and John Gatesy (2011). "A phylogenetic hypothesis for Crocodylus (Crocodylia) based on mitochondrial DNA: Evidence for a trans-Atlantic voyage from Africa to the New World". Molecular Phylogenetics and Evolution 60: 183–191. PMID 21459152. doi:10.1016/j.ympev.2011.03.026.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Brochu, C. A.; Storrs, G. W. (2012). "A giant crocodile from the Plio-Pleistocene of Kenya, the phylogenetic relationships of Neogene African crocodylines, and the antiquity of Crocodylus in Africa". Journal of Vertebrate Paleontology 32 (3): 587. doi:10.1080/02724634.2012.652324.
- ↑ http://reptile-database.reptarium.cz/species?genus=Crocodylus&species=raninus
- ↑ Srikulnath, K; Thapana, W; Muangmai, N (2015). "Role of chromosome changes in Crocodylus evolution and diversity". Genomics Inform 13 (4): 102–111. doi:10.5808/GI.2015.13.4.102.