Cristina Coto
Cristina Coto de la Mata, nada en Sotrondio o 6 de marzo de 1970, é unha avogada e política asturiana, presidenta de Foro Asturias dende 2015.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1970 (54 anos) Sotrondio, España |
Oviedo municipal councillor (en) | |
15 de xuño de 2019 – 17 de xuño de 2023 | |
Presidenta de Foro Asturias | |
14 de marzo de 2015 – 15 de xuño de 2018 – Carmen Moriyón → | |
Deputado da Xunta Xeral do Principado de Asturias | |
4 de xuño de 2003 – 27 de xuño de 2018 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo - dereito |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Vox (2019–) Foro Asturias (2011–2019) Partido Popular (1994–2011) |
Traxectoria
editarNatural de Sotrondio, localidade situada no concello de San Martín del Rey Aurelio, estudou dereito na Universidade de Oviedo[1].
Entrou nas Novas Xeracións do Partido Popular de Asturias en 1994. En 1999, tras celebrarse un congreso asturiano, pasou a ocupar o posto de secretaria de organización municipal do partido. Elixida en 2002 coordinadora de organización do PP de Asturias, logrou acta de deputada na Xunta Xeral do Principado de Asturias tras as eleccións autonómicas de 2003, renovando o seu escano en 2007[2].
O 3 de febreiro de 2011 Coto abandonou o seu escano na Xunta Xeral e deuse de baixa no PP para afiliarse a Foro Asturias, fundado polo exministro do PP Francisco Álvarez-Cascos[3]. Nas eleccións autonómicas de 2011 Foro fíxose co goberno asturiano, e Coto volveu á Xunta Xeral, desta volta como deputada de Foro, actuando como a súa voceira parlamentaria[4].
Non obstante Foro Asturias perder a presidencia do Principado despois da celebración dunhas eleccións autonómicas anticipadas en 2012, Coto mantivo o seu escano e a portavocía do seu grupo. En febreiro de 2015 Álvarez-Cascos anunciou a súa decisión de non se volver presentar como candidato á presidencia do Principado de Asturias nas eleccións autonómicas dese ano, deixando asemade a presidencia de Foro Asturias[5]. Un congreso celebrado o 14 de marzo de 2015 elixiu a Coto nova presidenta[6]. Coto, xa que logo, presentouse como cabeza de lista da súa formación logrando 3 deputados.
Notas
editar- ↑ lasprovincias.es. "La secretaria que llegó al Parlamento regional".
- ↑ El Comercio. "La abogada que coge el testigo de Cascos".
- ↑ La Nueva España. "La diputada del PP, Cristina Coto, renuncia a su escaño".
- ↑ La Nueva España. "Foro sopesa que Cristina Coto sea su nueva portavoz en la Junta".
- ↑ El Mundo. "Cascos anuncia que no se presentará como cabeza de lista de Foro a las autonómicas de Asturias".
- ↑ La Vanguardia. "Cristina Coto, elegida presidenta de Foro en sustitución de Álvarez-Cascos".