Cristianismo e homosexualidade

A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral. Entre estas dúas posturas extremas hai moitos matices, tantos como interpretacións hai da mensaxe de Xesús de Nazaret.

Neno nunha manifestación de orientación cristiá.

Catolicismo

editar

A postura oficial da Igrexa Católica provén, en parte, da interpretación tendenciosa [Cómpre referencia] dos textos sagrados, e en parte do mantemento dunha tradición patriarcal heterocéntrica.

Actualmente a principal igrexa cristiá por volume de crentes é a Católica. A súa postura oficial no referente á práctica homosexual está expresada no Catecismo, que afirma que "os actos homosexuais son intrinsecamente desordenados. (...) Son contrarios á lei natural. Pechan o acto sexual ao don da vida. Non proceden dunha verdadeira complementariedade afectiva e sexual. Non poden recibir aprobación en ningún caso". Neste principio apréciase a permanencia da filosofía estoica na identificación entre sexualidade aceptable e procreación. No relativo ás persoas homosexuais, o Catecismo afirma que "non elixen a súa condición homosexual; esta constitúe para la maioría deles unha auténtica proba. (...) As persoas homosexuais están chamadas á castidade. Mediante virtudes de dominio de si mesmo que eduquen a liberdade interior (...) poden e deben acercarse gradual e resoltamente á perfección cristiá.".[1]

Protestantismo

editar

Outras igrexas cristiás non católicas non ven nas prácticas sexuais con persoas do mesmo sexo unha violación do seu código moral. Dentro desta corrente integradora, a igrexa cuáquera británica aprobou en xullo do 2009 a celebración de casamentos relixiosos entre persoas do mesmo sexo, e solicitou ao Goberno a súa validación civil. É certo que as congregacións cuáqueras do Reino Unido e Australia son especialmente proclives a considerar as persoas homosexuais en réxime de igualdade, mentres que as dos Estados Unidos e Suráfrica están inspiradas por unha filosofía máis homófoba.[2] En xeral, semella haber unha relación directa entre a maior apertura e o maior desenvolvemento económico e social.

Normalmente aquelas igrexas máis favorables ao trato igualitario son as que levan feito máis avances tamén en materia de igualdade de xénero, como é o caso da Igrexa Episcopaliana[3] ou da Igrexa Luterana Evanxélica de América[4], que permiten o ordenamento de mulleres e de persoas abertamente homosexuais. Para sorpresa dos seus fieis, a Igrexa Episcopaliana de Míchigan, no ano 1973, informaba:[5]

"A comisión descubriu que é imposible estudar en profundidade o feito homosexual sen advertir un elemento de misterio nun fenómeno que se resiste a ser plenamente despexado. Ningún científico acadou de xeito convincente illa-las "causas" da personalidade homosexual. Tampouco a literatura teolóxica examinada pola Comisión se amosa unánime verbo da valoración da homosexualidade. A postura tradicionalmente negativa da Igrexa perante este tema resultou menos xustificada e menos convincente do que supuña a Comisión por anticipado. Estamos convencidos de que nos atopamos non perante unha aberración, senón máis ben ante un misterio: a natureza do amor mesmo".

Por último, a Sociedade Teolóxica Americana afirma:[5]

"Malia non podermos acusar á Igrexa de ter mantido unha persecución constante contra os homosexuais, hai que admitir que contribuíu ideoloxicamente á persecución dos homosexuais polo Estado. A Igrexa participa das responsabilidades que supón a longa historia das persecucións contra o comportamento homosexual na sociedade civil occidental".

Ortodoxia

editar
  1. "Catecismo de la Iglesia Católica" (Htm) (en (en castelán)). Consultado o 22/06/2010. 
  2. GEEN, J. (31/07/2009). www.pinknews.co.uk, ed. "Quakers agree to hold gay marriages" (en (en inglés)). Arquivado dende o orixinal (Html) o 07/09/2009. Consultado o 22/06/2010. 
  3. GEEN, J. (04/06/2010). www.pinknews.co.uk, ed. "US Episcopal leader stands firm in support for gay bishops" (en (en inglés)). Consultado o 22/06/2010. 
  4. LOVE, C. (19/04/2010). www.huffingtonpost.com, ed. "The Lutheran Church Embraces the LGBTQ Community!" (Html) (en (en inglés)). Consultado o 22/06/2010. 
  5. 5,0 5,1 CHAO REGO, X. (1999). A condición homosexual. Galaxia, Vigo. ISBN 84-8288-268-6. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar