Abstinencia sexual

A abstinencia sexual ou continencia sexual[2] é un comportamento que consiste en privarse dalgúns ou tódolos aspectos da actividade sexual por vontade propia (por razóns relixiosas, morais, filosóficas, anticonceptivas ou psicolóxicas), ou allea (por razóns médicas, legais, económicas ou sociais).

Os aneis de castidade son levados pola xuventude comprometida coa abstinencia sexual.[1]

A abstinecia sexual acostuma a defenderse por algúns como un recurso preventivo contra a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, principalmente entre adolescentes. A súa adopción é preconizada por determinadas denominacións relixiosas que a consideran como unha virtude,[3] estando ligada ao termo castidade.[4]

O termo editar

Os conceptos de abstinencia sexual, celibato e asexualidade son confundidos acotío pero teñen significados diferentes. A abstinencia sexual, tamén coñecida como continencia,[5] refírese a absterse de toda actividade sexual, a miúdo durante un período limitado de tempo.[6] O celibato é un comportamento motivado por factores como as crenzas persoais ou relixiosas dunha persoa. Para Gabrielle Brown, «a abstinencia é unha resposta ó exterior do que está pasando, e o celibato é unha resposta dende o interior».[7] De acordo con esta definición, o celibato é algo máis que non ter relacións sexuais. É máis intencional que a abstinencia e o seu obxectivo é o crecemento persoal. Esta perspectiva sobre o celibato é compartida por diversos autores, entre eles Elizabeth Abbott, Wendy Keller e Wendy Shalit.[8]

Método anticonceptivo editar

A abstinencia sexual é o método máis efectivo contra os embarazos non desexados e a propagación das infeccións de transmisión sexual.[9] No 2004, a revista The Lancet publicou un artigo onde apostaba por educar ós rapaces de xeito que atrasasen as relacións sexuais como o xeito máis efectivo contra a propagación da SIDA tendo en conta que os preservativos diminúen o risco de infección pero nunca o eliminan. Chamou a esta estratexia para dar prioridade ós elementos da loita contra a SIDA coas letras ABC, que en inglés son as iniciais de abstinencia, fidelidade e preservativo.[10] Dende ese intre, diversas administracións públicas o promoveron. Algúns estudos, conclúen que sería efectiva unha aposta máis decidida das administracións neste senso.[11] Un dos problemas cos que se atoparon os impulsores destas políticas é a dificultade de cambiar os comportamentos da xuventude.[12]

Notas editar

  1. O'Brien, Jodi (2009). SAGE Publications, ed. Encyclopedia of Gender and Society. p. 155. ISBN 9781412909167. Consultado o 19 de xuño de 2014. 
  2. Gran Enciclopèdia Catalana (ed.). "Continència". Enciclopedia.cat. Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  3. "Artigo de Juan Manuel de Prada". www.xlsemanal.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2018. Y ese largo itinerario de degradación empezó el día que se decidió que había que conculcar lo que los romanos llamaban las 'virtudes domésticas': la honestidad, la templanza, el pudor, la castidad, etcétera. 
  4. Madeleine Meteyer (1 de marzo de 2018). "Rester vierge, un défi dans une société hypersexualisée". Le Figaro - Madame (en francés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  5. Melody, John (1913). "Continence", Catholic Encyclopedia. Nova York: Robert Appleton Company. 
  6. Cardinal Roberti, H. E. (1962). Abstinence and Continence al Dictionary of Moral Theology. Londres: Burns & Oates Publishers of the Holy See. 
  7. Brown, Gabrielle (1989). The New Celibacy: A Journey to Love, Intimacy, and Good Health in a New Age. New York: McGraw-Hill. 
  8. Shalit, Wendy (2012). Retorno al pudor. Madrid: Rialp. ISBN 9788432139635. 
  9. Ruiz, Rebeca (27 de marzo de 2013). "Abstinencia sexual, una renuncia voluntaria". EFE Salud. Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  10. Halperin, Steiner, Cassel, D.,M.,M. (2004). "The time has come for common ground on preventing sexual transmission of HIV". The Lancet: 1913–1915. 
  11. López del Burgo, Cristina (Decembro de 2008). "Prevención equitativa del sida" (PDF). AE Bioetica. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  12. "La abstinencia sexual no funciona entre los jóvenes". 20 minutos. 5 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Sobo, Elisa J.; Bell, Sandra (2001). Celibacy, Culture, and Society: The Anthropology of Sexual Abstinence (en inglés). University of Wisconsin Press. p. 288. ISBN 9780299171643. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar