Criptoxinia

fenómeno histórico de ocultación dos referentes femininos

A criptoxinia[a] é o fenómeno recorrente, ao longo da historia e na maioría das culturas, de ocultación das mulleres e referentes femininos en diferentes ámbitos da sociedade, especialmente os de maior prestixio.[1]

Etimoloxía editar

O termo criptoxinia está formado por dous lexemas gregos, crypto (esconder, ocultar) e gyné (muller) que forman parte doutras palabras, en xeral cultismos, en catalán e noutras linguas.[2] De feito, o equivalente en italiano (o nome e o adxectivo correspondente: criptoginia ou crittoginia e criptogina) pódese atopar nalgúns textos de bioloxía en referencia a especies nas que a femia ou os órganos femininos non son visibles externamente. Por exemplo, a cochinilla Suturaspis archangelskyae é descrita como «criptóxena»[3] e o dicionario Panlessico Italiano, de 1839, incluía o termo crittoginia) para describir un helecho acuático no que o esporangio queda oculto.[4]

Historia editar

Para nomear esta práctica, a poeta e filóloga Begonya Pozo e o filólogo Carles Padilla, docentes da Universidade de Valencia, acuñaron o termo criptoginia e difundírono publicamente por primeira vez o 5 de febreiro de 2020 nun artigo publicado nun diario dixital.[1][2] O 27 de novembro do mesmo ano, a Academia Valenciana da Lingua aprobou a súa incorporación ao Dicionari Normatiu Valencià.[5] Máis tarde, o 8 de marzo de 2021, o dicionario de éuscaro Elhuyar Hiztegia[6] incluíu a adaptación ao éuscaro kriptoginia.[2] Noutras linguas, como o castelán e o francés, aínda que o termo non sexa feito oficial, xa se usou (criptoginia e cryptogynie, respectivamente) en ámbitos académicos e en redes sociais.[2] En Francia, por exemplo, no curso 2021-2022 organizouse un seminario interuniversitario de literatura catalá co título Da cryptogynie à la mediatisation des escrivaines: Felícia Fuster et Carmelina Sánchez-Cutillas, sobre as autoras catalanofalantes Felícia Fuster e Carmelina Sánchez-Cutillas.[7]

Na ciencia editar

No ámbito científico, a minimización ou ocultación da investigación e descubrimentos levados a cabo por investigadoras, que se coñece como efecto Matilda, é un caso de criptoxinia. Ao acuñar o termo, Pozo e Padilla quixeron dar nome a un fenómeno que era ben coñecido na historia da ciencia e na historia das mulleres, porque «a conciencia social confórmase coas accións e omisións, cos silencios e coas palabras: o que non se inclúe no dicionario aparentemente non existe».[2][b][2] Consideran que a ocultación dos logros das mulleres ou a súa infravaloración foi unha violencia simbólica que segue de maneira continuada no tempo.[2]

Notas editar

  1. palabras galegas formados por "xinia", varias delas derivados de γυνή e palabras galegas co prefixo cripto, derivadas de kryptós
  2. Texto orixinal "(...)ya que la conciencia social se conforma con las acciones y omisiones, con los silencios y con las palabras: lo que no se incluye en los diccionarios aparentemente no existe."
Referencias
  1. 1,0 1,1 Pozo, Begonya; Padilla, Carles (5 de febreiro de 2020). "Criptogínia: una paraula nova per a un fenomen antic". eldiario.es (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Pozo-Sánchez, Begoña; Padilla-Carmona, Carlos (202-12-20). "Criptoginia: una palabra nueva, un concepto para investigar" (pdf) (en castelán) (26): 175–192. ISSN 1135-416X. doi:10.7203/QF.26.21983. 
  3. Porcelli, Francesco. "Cocciniglie nuove per l'Italia" (pdf) (en italià) XIII: 36. Consultado o 3 de febreiro de 2022. 
  4. Bognolo, Marco (1839). Girol. Tasso, ed. "Panlessico Italiano". digital.onb.ac.at (en italiano). p. 173. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  5. "Diccionari normatiu valencià". www.avl.gva.es. Consultado o 19 de novembro de 2023. 
  6. "criptoginia". Histegia Elhuyar (en eus). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  7. Institut Ramon Llull, ed. (2 de novembre 2021). "Deuxième édition du séminaire interuniversitaire autour de la littérature catalane et la cryptogynie". llull.cat (en francés). Consultado o 2022-02-02. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar