Cránao foi o segundo rei lendario da Ática, sucesor de Cécrope. Cando este aínda reinaba, o seu único fillo varón, Erisictón, morreu novo e sen descendencia, e o trono pasou a Cránao, considerado polos conveciños como o cidadán máis poderoso. No reinado de Cránao, Atenas chamábase Cránae, e os seus habitantes, Cranaeos.

Casou con Pedias, filla de Mines, e tivo tres fillas: Cránae, Cranecme e Atis (ou Átice ou Átide); desta última vénlle o nome á Atica, pois morreu nova e o pai deu o seu nome ó país.

Durante o seu reinado sucedeu o diluvio co que Zeus quixo acabar cos homes da Idade de Bronce, tralo que Deucalión e Pirra recuperaron a humanidade. Precisamente, Cránao foi derrocado por un fillo de Deucalión, Anfictión, casado con Cránae, aínda que outras fontes din que era o home de Átice (nas versións nas que esta morreu de vella).

Tamén se di que Átice tivo con Hefesto un fillo, Erictonio, que terminou expulsando a Anfictión tras doce anos de reinado. Para outros, Erictonio sería fillo de Hefesto con Atenea, ou fillo de Xea e Hefesto.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar