Correo Literario, foi unha revista editada en Buenos Aires entre 1943 e 1945.

Correo Literario
PaísArxentina
LugarBuenos Aires
Lingualingua castelá
Fundación1943
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Publicación quincenal, apareceu o 15 de novembro de 1943. Nos últimos números pasou a ter periodicidade mensual. Dirixida por Lorenzo Varela, Luís Seoane e Arturo Cuadrado. De temática cultural, literaria, artística, e sobre cine e teatro, tiña unha importante sección de libros. Tamén apareceu crítica política en defensa das liberdades e da democracia. Entre os seus colaboradores figuraron Rafael Dieste, Xosé Otero Espasandín, Rafael Alberti, María Teresa León, Francisco Ayala, Ernesto Sabato, Julio Cortázar e Vicente Huidobro. Prestou especial atención á cultura galega, e nela apareceu a primeira recensión da novela Adolescencia de Otero Pedrayo, de Sempre en Galiza de Castelao, e Proceso a Jacobusland de Emilio Pita. Publicáronse corenta números e cesou a súa edición en novembro de 1945. Foi continuada por Cabalgata editada por Luís Seoane e Lorenzo Varela.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar